(Composición) Profes

Neste terceiro capítulo do Aprendo con Olloboi aproximámonos a algunha das leis fundamentais de composición fotográfica baseadas na psicoloxía da Gestalt: regla dos terzos, do horizonte, da mirada… Tamén falaremos dos formatos ou ratios de aspecto.

Contamos para iso con dous apaixoados da fotografía cinematográfica: Lucía C. Pan e Alberte Branco “Bertitxi”, ambos con ampla experiencia no mundo da ficción e a non ficción, da TVG e das producións autorais.

Como en todas as unidades, recomendamos adicar unha sesión á proxección da Olloclase e a continuación elaborar as actividades para reforzar o visto no vídeo. Ofrecemos dous tipos de contidos, interactivos ambos: nivel básico e avanzado. Corresponde a cada profesor/a escoller que nivel corresponde ó seu alumnado; na nosa estimación, de 4º ESO en adiante parece máis oportuno o avanzado. En todo caso, o nivel básico pode ser útil como actividade de reforzo. Complemento á Olloclase son os apuntamentos que hai a continuación da mesma.

Nunha segunda sesión debería accederse ó capítulo de Prácticas, onde propoñemos dúas pezas audiovisuais que gañaron no seu momento premios no Festival Olloboi: as curtas Change that tune (FCSC Pontevedra) e Os camiños esquencidos (IES Poeta Díaz Castro). En ambas hai unha coidadosa fotografía e poden atoparse exemplos do aprendido na olloclase: enfoques selectivos, iluminación, uso de liñas, lei dos terzos, lei da mirada, lei do horizonte…

Suxerimos que na aula se visionen ambas pezas e que o alumnado se axude das cuestións guía que hai a continuación para realizar a análise fílmica dunha das obras que propoñemos. Sería recomendable facer, ó final da sesión, unha valoración conxunta destas análises.

Finalmente, propoñemos unha práctica que sirva de concreción dos contidos vistos na Olloclase. Entendemos que cada centro terá o seu proxecto particular; nós baseámonos na creación dunha historia en torno ós mercados locais ou prazas de abastos. Nos mercados hai moitos recursos persoais e materiais para seren gravados, unha gran variedade cromática e un amplo rango dinámico de sons. As historias que xorden neste tipo de lugares poden ser útiles para tratar contidos de Historia e Xeografía (a evolución dos mercados nas nosas vilas), Economía e Matemáticas (as formas de comercio), Linguas (vocabulario relativo ós diferentes produtos en venta e os oficios), Ciencias e Tecnoloxía (a industria do frío, a fermentación de produtos, os métodos de transporte…), etc.

Cada práctica pode ser avaliada a través da rúbrica que engadimos a continuación, aínda que nos permitimos suxerir que se faga unha valoración máis cualitativa do que este tipo de instrumentos estandarizados ofrece.

.

Para rematar, incluímos os obxectidos, contidos, criterios de avaliación, estándares de aprendizaxe e competencias clave que corresonden a este tema.

NOME da UNIDADE
OBX
CONTIDOS
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE
COMPETENCIAS CLAVE
2. COMPOSICIÓN

Enfoque, encadramento, luz, liñas
e

l

n

ñ

o
B2.9. Fotografía. A fotografía como medio de comunicación
B2.6. Analizar e realizar fotografías comprendendo e aplicando os fundamentos desta.
EPVA B2.6.1. Identifica as reglas básicas da composición audiovisual
CCL