En palabras do realizador Luís Avilés, “unha película é tamaños de plano, movementos de cámara e angulacións“. Loxicamente está simplificando, pois máis adiante na charla tanto el como Giselle Llanio fan fincapé na importancia de que toda esa planificación estea supeditada á verdade das interpretacións. Porén, como eles mesmos recoñecen, convén saber o que conta cada tipo de plano, cada ángulo e cada movemento, para así non enganar ó espector.
Luís Avilés, fillo do escritor noiés Avilés de Taramancos, comezou no audiovisual no mundo da fotografía, traballando nun estudo na vila onde reside, Noia. Desde a súa incursión no cine coa curta A Subela foi abandonando progresivamente a fotografía para adicarse exclusivamente a facer películas, e a xuzgar pola traxectoria que está levando nacional e internacionalmente a súa obra Os días afogados, a decisión foi a mellor que puido tomar! Pola súa banda, Giselle Llanio formouse en cine na Escola internacional de cine da Habana, e desde que chegou a Galicia hai vinte anos traballa sen tregua en diferentes producións televisivas para a Galega. En Olloboi pareceunos moi interesante a aportación que estes dous profesionais puideran facer ó tema da composición e encadramento tendo en conta a súa diferente orixe e formación.
Igual que no resto de unidades, recomendamos adicar unha sesión á proxección da Olloclase e a continuación elaborar as actividades para reforzar o visto no vídeo. Ofrecemos dous tipos de contidos, interactivos ambos: nivel básico e avanzado. Corresponde a cada profesor/a escoller que nivel corresponde ó seu alumnado; na nosa estimación, de 4º ESO en adiante parece máis oportuno o avanzado. En todo caso, o nivel básico pode ser útil como actividade de reforzo. Complemento á Olloclase son os apuntamentos que hai a continuación da mesma.
Nunha segunda sesión habería que acceder ó capítulo de Prácticas, onde propoñemos dúas pezas audiovisuais que gañaron no seu momento premios no Festival Olloboi: Socas App (CPI Dodro) e O Rostro Esquecido (FCSC Pontevedra). As dúas son traballos cunha coidada planificación, se ben o acabado é diferente debido á diferente formación d@s seus autor@s: a primeira foi elaborada por alumnado de 3º da ESO e a segunda é de alumnado da facultade. En calquera caso, nas dúas se observa un adecuado manexo da linguaxe de planos para contar a historia.
Suxerimos que na aula se visionen ambas pezas e que o alumnado se axude das cuestións guía que hai a continuación para realizar a análise fílmica dunha das obras que propoñemos. Sería recomendable facer, ó final da sesión, unha valoración conxunta destas análises.
Finalmente, propoñemos unha práctica que sirva de concreción dos contidos vistos na Olloclase. Entendemos que cada centro terá o seu proxecto particular; nós baseámonos na creación dunha historia en torno ós mercados locais ou prazas de abastos. Nos mercados hai moitos recursos persoais e materiais para gravar, xogo de tiros de cámara, moita variedade cromática e un amplo rango dinámico de sons. As historias que xorden nestes lugares poden ser útiles para tratar contidos de Historia e Xeografía (a evolución dos mercados nas nosas vilas), Economía e Matemáticas (as formas de comercio), Linguas (vocabulario relativo ós diferentes produtos en venta e os oficios), Ciencias e Tecnoloxía (a industria do frío, a fermentación de produtos, os métodos de transporte…), etc.
Cada práctica pode ser avaliada a través da rúbrica que engadimos a continuación, aínda que nos permitimos suxerir que se faga unha valoración máis cualitativa do que este tipo de instrumentos estandarizados ofrece.
Para rematar, incluímos os obxectidos, contidos, criterios de avaliación, estándares de aprendizaxe e competencias clave que corresonden a este tema.
NOME da UNIDADE
|
OBX
|
CONTIDOS
|
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
|
ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE
|
COMPETENCIAS CLAVE
|
3. PLANOS Encadramentos, ángulos, puntos de vista e movementos de cámara
|
e l n ñ o |
B2.9. Fotografía. A fotografía como medio de comunicación
|
B2.6. Analizar e realizar fotografías comprendendo e aplicando os fundamentos desta.
|
EPVA B2.6.1. Identifica encadramentos.
|
CCL
|
EPVA B2.6.2. Realiza fotografías con distintos encadramentos, aplicando diferentes leis compositivas.
|
CD
|