Saltar navegación

Zona profes

ASPECTOS ORGANIZATIVOS DA ACTIVIDADE

¿Por que?

Atopámonos con que os/as nosos/as alumnos/as descoñecen o seu entorno mais próximo, espazos dotados dun gran valor patrimonial natural e/ou cultural, ignorando por completo esta riqueza, sen amosar actitudes de respecto ó seu entorno en xeral.

¿Cando?

A mellor época para levar a cabo unha actividade ó aire libre, sería nunhas condicións meteorolóxicas axeitadas para que sexa segura e con opcións de divertirnos. Polo que, o mellor tempo sería sen choiva. Por iso, recomendase ou ben o primeiro mes da primeira avaliación (setembro, principios de outubro), ou nos últimos dous meses de curso (maio-xuño).

Non se recomenda facer a actividade os xoves, posto que hai feira. Algunhas das rúas polas que deben de pasar os/as alumnos/as están cos postos dos comerciantes, o que fai mais dificultoso tanto a orientación, coma o transito por elas e o control da actividade por parte do profesor/a.

¿Onde?

O espazo proposto, será unha zona libre de perigos (casco histórico de Noia) onde o alumnado poderá traballar a súa orientación con liberdade, seguro e dunha forma lúdica. Algúns puntos a localizar son cruzando a rúa (con tráfico rodado pero lento), sendo obrigatorio facelo polos pasos de peóns.

¿Como?

Á organización do xogo, pode facerse de diversas formas. Dependo da idade e forma do grupo, organizaranse os grupos:

  • con ou sen profesor/a acompañando todo o percorrido.
  • eliminando puntos que estean mais lonxe, ou haxa que cruzar a rúa.
  • obrigando a facer o percorrido nunha orde establecida, onde o profesor/a poderá situarse nos puntos de paso.
  • ...

Como en todo xogo, as regras pódense modificar para conseguir os obxectivos previstos, en función do grupo, do tempo, dos intereses...

Material

Non se precisa moito material. Cada equipo necesita un rotulador para escribir no dosier. Tedes que imprimir un dosier por equipo, e o ideal sería un mapa por alumno/a (a cor), para que puidesen orientar todos/as. 

No mapa, NON está debuxado nin a saída (triangulo rosa), nin a chegada (dous círculos concéntricos rosas), para que cada centro se organiza ó seu xeito. Queda á decisión do profesorado onde é cada unha delas, e facéndollo saber ós equipos. 

Ollo cos cambios que van xurdindo na realidade, facendo que non coincida o que aparece no mapa co que vemos no terreo. De feito, cando se acabou de facer este mapa, comezaron unhas obras nunha zona (preto da Alameda), que se marcou como prohibida para o transito da carreira (zona raiada en rosa). Con isto evitamos perigos e desorientación por parte dos alumnos/as por si non coincide a nova obra co representado no mapa.

Respostas

Podedes descargar as respostas da actividade, premendo aquí.

Avaliación

Podedes deixar comentarios e fotos nesta páxina de facebook.

OUTROS PUNTOS A VISITAR

E se queredes un pouco mais, tendes estas opcións moi interesantes:

  • Casa do Concello: si está aberto, non dubidedes en entrar e admirar o seu claustro. Telf: 981 84 21 00
  • Exposición laudas sepulcrais no interior da Igrexa de Santa María "A Nova": 
      • De outubro a maio:
        • de luns a venres: 10:30-13:30//16:00-18:00
        • sábados: 10:30-13:30
        • domingo: 11-13:30
      • De xuño a setembro:
        • de luns a venres: 10:30-13:30//16:00-20:00
        • sábados: 10:30-13:30
        • domingo: 11-13:30
  • Museo do mar etnolóxico de Noia:  Museo deseñado, preparado e montado por un cento de persoas, a maioría mariñeiros, de forma altruísta. Nel pódese ver un catre do contramestre,  unha ponte de mando, motores históricos en funcionamento, fauna mariña, cunchas da ría e doutros animais, carpintería de ribeira, libros náuticos, pesca e marisqueo, utensilios de fondeo e fósiles, maquetas… Situado na denominada Porta dos Cabaliños, unha das portas do lado sur da muralla medieval de Noia. Aberto de xoves a domingo de 11:30-13:30. Visitas guiadas tódolos días contactando previamente ó telf.: 645 912 621. Páxina no facebook.

TELÉFONOS DE INTERESE

  • Centro de Saúde: Rúa República Argentina 21, telf: 981 842 180.
  • Garda Civil: Telf: 981 82 05 15
  • Policía Local: Telf: 981 84 21 01// Móbil: 639 836 382 // 639 836 383

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0