Saltar navegación

Curvas de nivel

QUE SON?:

As curvas de nivel son liñas imaxinarias que unen puntos que están á mesma altura. Determinan como é o terreo. Nos mapas urbanos non se adoitan debuxar.

 

CARACTERÍSTICAS:

As curvas de nivel teñen unhas características xerais, tales como:

  • Son de cor marrón.
  • Non se cortan, nin se bifurcan.
  • Son liñas pechadas.
  • A altura (cota) das curvas de nivel é uniformemente crecente ou decrecente.

 

EQUIDISTANCIA:

Chámase equidistancia á diferenza de altura entre dúas curvas de nivel consecutivas. Esta diferencia é constante, é dicir, sempre é a mesma en cada mapa. Nos mapas de orientación adoita ser de 5 m. 

Grazas á equidistancia pódese deducir que:

  • Cando as curvas están moi xuntas: o terreo ten maior inclinación (pendente).
  • Cando as curvas de nivel están mais separadas: o terreo ten menor pendente.

 

TIPOS:

Hai 3 tipos de curvas de nivel:

  • Curvas convencionais: representadas en cor marrón cunha liña de trazado fino.
  • Curvas mestras: representadas cunha liña marrón de trazado groso.
  • Curvas auxiliares: representadas cunha liña discontinua de cor marrón. Estas curvas represéntanse para dar máis información sobre a forma do terreo que se atopa entre dúas curvas de nivel convencionais.  

 

(Cando hai unha pequena liña perpendicular ó trazado da curva de nivel, indícanos que é unha depresión. Esa pequena marca diríxese á zona máis baixa. As curvas de nivel debuxadas aquí indícannos unha cume á esquerda, cunha pendente menos pronunciada no sueste (SE), e mais pronunciada no norte (N) da cume. Ó este (E) da cume, aparece representada unha depresión.)

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0