Introdución
A orientación é unha actividade ligada ós seres vivos. Tanto sexa un desprazamento próximo como afastado, no instituto, na casa, ao sentarse nunha mesa; todo iso implica un proceso de orientación, que se diferencia pola magnitude das distancias e polo seu obxectivo (diversión, búsqueda de elementos vitais..)
Todos os seres vivos nos orientamos para satisfacer as nosas necesidades: de movemento polo medio (gozar do medio, comunicarnos con el) e/ou para obter elementos vitais para subsistir (auga, comida...)
Na actualidade o ser humano non necesita orientarse para conseguir elementos vitais (como comida, bebida,…). A isto sumámoslle o feito de que hoxe en día, a orientación está moi codificada e mediatizada por instrumentos externos (como o GPS), que axudan a orientarnos no espazo, pero que contribúen na progresiva perdida da capacidade de orientarnos de forma natural, e á atrofia de receptores (olfacto).
Vista a importancia da orientación, da súa cotidianeidade no día a día, do pouco traballo que se fai dela dunha forma explícita, e do auxe que está a sufrir a orientación como deporte, propoñemos con este proxecto unha práctica de orientación específica.
O entorno que se propón é unha vila galega de A Coruña: Noia. Aquí é onde se propón facer unha práctica de orientación (con mapa específico), onde o que hai que descubrir é o propio encanto da vila.
A actividade guiaravos por tódolos pequenos grans recunchos de Noia, recunchos de patrimonio a través da orientación.
Con este proxecto, pretendese que se acaden os seguintes obxectivos:
- Fomentar o uso das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TICs)
- Dar a coñecer ós/as profesores/as unha actividade, con todo o material e a información para ser apta para o traballo de orientación, unido o descubrimento do seu entorno, a través do material multimedia.
- Realizar unha actividade física, con predominio da resistencia aeróbica, base da saúde (xa sexa correndo ou andando).
- Coñecer os elementos específicos da orientación (mapa específico).
- Coñecer a orientación, como deporte.
- Amosar actitudes de respecto cara o o entorno en xeral.
- Mostrar actitudes de orgullo e protección hacia o patrimonio, e o entorno en xeral.
- Coñecer espazos dotados dun alto valor patrimonial cultural.
- Relacionar contidos de diferentes materias: Educación Física, Ciencias Sociais, …
- Experimentar unha opción de ocupación do tempo de lecer, dun xeito activo.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0