Saltar navegación

Que é?

Son os bens tanxibles (que se poden tocar, percibir con precisión; por exemplo, un cruceiro) e intanxibles (por exemplo, unha lenda), herdados dos nosos devanceiros, e o ambiente onde viven. Son os monumentos, fauna, flora, cantigas, construcións, paisaxes, lendas, obras de arte... 

Moitas veces valoramos o patrimonio de "fora", sen dar aprecio a tódolos bens que se atopan no noso entorno mais próximo. O espazo que propoñemos para facer a actividade é a vila de Noia. Este entorno está cheo de recunchos dotados dun gran valor patrimonial natural e/ou cultural que descubriredes.

O casco histórico de Noia, converterase na nosa aula.

 

 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0