Saltar navegación

Cores

Unhas das características do mapa de orientación son as súas cores. En orientación utilízanse 6 cores (mais a cor branca), para representar os elementos do terreo. Cada unha ten o seu propio significado, e dan información á hora de orientarnos e chegar as balizas:

  • Azul: Elementos e zonas relacionadas ca auga (fonte, río, mar...)
  • Verde: elementos relacionados coa vexetación e a súa densidade.
  • Branco: zona de bosque limpo, pola que podemos desprazarnos con rapidez.
  • Amarelo: zonas sen bosque, abertas polas que podemos desprazarnos rapidamente.
  • Negro: elementos construídos polo home, e elementos rochosos.
  • Marrón: elementos relacionados co terreo e o relevo (curvas de nivel).
  • Rosa: indica as balizas, puntos de saída, chegada e unión entre balizas.

 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0