Material
Todo deporte, leva consigo un material específico. En orientación diferenciaremos entre o material persoal e o da organización:
- MATERIAL PERSOAL:
- Roupa e calzado: roupa e calzado deportivo cómodo. Si a orientación se leva a cabo no medio natural recomendase pantalón e camiseta longos, para cubrir a maior superficie de pel, evitando así o contacto coa vexetación (toxos, silvas...). O calzado recoméndase de cores escuras para evitar posibles problemas posteriores de limpeza, e con tacos grandes na sola sobre todo se a actividade é no medio natural.


- Polainas: prenda específica para orientación no medio natural. Cubre dende o xeonllo ata o nocello, evitando o contacto coa vexetación mais agresiva.
- Compás: Elemento que nos determina o Norte, axudándonos a orientarnos.

-
- Dispositivo de control de paso:
- Manual: tarxeta de control que se picará coas pinzas correspondentes de cada baliza.
- Electrónico:tarxetas sportident, dispositivo que se leva nun dedo, e se introduce na base da baliza que corresponda.
- Dispositivo de control de paso:


- MATERIAL DA ORGANIZACIÓN:
- Puntos de control (balizas): son os elementos a atopar. Prismas de tela de cor branca e laranxa.
- Disposito de control de paso: Mapa: representación do terreo no papel. Debido a importancia deste elemento, imos a explicalo especificamente en mapa.
- Manual: pinzas que marcarán no espazo correspondente de cada baliza.
- Electrónico: bases sportident, onde se introducirá a tarxeta SI, emitindo unha luz e/ou son.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0