Saltar navegación

Características

Pódese clasificar as modalidades vistas, en función das seguintes características:

  • Segundo a orde de atopar as balizas:
    • Lineal: débense atopar tódolos controis na orde establecida (1-2-3...). A clasificación final vai en función do tempo empregado en facer o percorrido. (Exemplo: o-pé)

 

    • Score: pódese seguir unha orde libre para atopar os controis (8-3-5...). A clasificación final vai en función de:
      • Se hai un tempo máximo para realizar o percorrido: a clasificación faise en función do número de puntos de control atopados. (Exemplo: probas tipo rogaine)
      • Se hai que atopar todolos controis: a clasificación establécese en función do tempo empregado no percorrido. (Exemplo: probas tipo rogaine)

  • Segundo o tipo de saída:
    • Escalonada: os/as participantes saen escalonadamente a diferentes horas. (Exemplo: o-bm).

   

    • En masa: tódolos/as participantes saen ó mesmo tempo. (Exemplo: raid).

   

  • Segundo a distancia a percorrer:
    • Sprint: carreira rápida e corta. O tempo empregado polo/a gañador/a en realizar o percorrido é de 15´-20´.
    • Distancia media: o tempo empregado polo/a gañador/a en realizar o percorrido é de 40´-60´.
    • Distancia larga: o tempo empregado polo/a gañador/a en realizar o percorrido é de 70´-90´.
  • Segundo a hora do día:
    • Diúrna: a carreira lévase a cabo pola mañá ou tarde, sempre en horas de luz solar.
    • Nocturna: a carreira lévase a cabo despois de poñerse o sol (material a empregar: lanterna).

   

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0