Directrices
A actividade proposta é un xogo de orientación deportiva, nunha vila tan espectacular e con tanto por coñecer como é Noia. Teredes que movervos, correr, descubrir, investigar nun espazo rico en patrimonio, o casco urbano da vila de Noia.
Seguindo o visto ata o momento, determinamos que esta actividade segue as seguintes directrices:
- É unha actividade dentro da O-PÉ (orientación a pé).
- A saída e en masa.
- Á hora de atopar as balizas, é de tipo score (orde libre), tendo que atopar tódolos puntos marcados.
- Pola distancia recorrida é de tipo sprint (distancia corta).
- É unha actividade diúrna, pois realizarase durante as horas de sol.
- Realizarase en modalidade de equipos, en lugar de individual.
- Deberedes atopar puntos do patrimonio natural e/ou cultural da vila de Noia, en lugar de balizas.
- Non haberá pinza ou base SI (sportident) para ticar, deberedes dar resposta ó que se pregunta no dosier.
- As balizas, ou neste caso puntos a localizar están sempre no medio do circulo.
- Non fai falla compás, pero acordádevos de orientar sempre o mapa con respecto o que estades vendo.
- Non está debuxado no mapa nin a saída, nin a chegada, será o voso/a profesor/a quen vos estes dous puntos.
NORMAS DE SEGURIDADE:
- Circularemos polas beirarrúas. Se non as hai, farémolo pola esquerda da estrada.
- Deberedes cruzar sempre polos pasos de peóns, non facelo suporá unha penalización de -5 respostas.
- Non berredes pola rúa. A vida na vila ten que seguir o seu curso, e nos formar parte dela sen modificala, nin molestar ós/ás veciños/as.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0