Saltar navegación

Mapa

O mapa é a representación do terreo no papel. O mapa de orientación é un mapa feito especialmente para este deporte e ten as seguintes características:

  • Ten un alto nivel de detalle.
  • Ten cores, con un significado concreto (ir ó apartado cores).
  • Non ten escrito o nome de poboacións, vilas...
  • Tódolos mapas de orientación usan o mesmo código de símbolos e cores, unha simboloxía internacional (ir ó apartado simboloxía).
  • A parte superior do mapa indica o NORTE.
  • As escalas máis utilizadas son 1:10.000, 1:7.500, e 1:5.000 ou 1:4.000 para carreiras tipo sprint.

 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0