Escala
A escala é a relación existente entre as dimensións reais do terreo representado e as do mapa que o representa.
A escala ven representada nos mapas en forma de fracción, de tal xeito que o numerador corresponde ás medidas do plano, e o denominador ás medidas reais.
Así unha escala 1: 10.000, significa que 1 cm. no papel corresponde a 10.000 cm. na realidade.
Exemplos:
-
-
- Escala 1:10.000_ 1 cm.=10.000 cm.=100 m._ 1 cm.=100 m.
- Escala 1:4.000_ 1 cm.=4.000 cm.=40 m._ 1 cm.=40m.
-
Dise que un plano ten maior escala (máis detalle) que outro, cando o seu denominador é menor que o do anterior e viceversa.
Os mapas de pequena escala teñen a vantaxe de representar grandes superficies de terreo, aínda que carecen de detalle. Pola contra, unha maior escala ten ao seu favor a precisión e o detalle da superficie representada, pero esta é obviamente unha porción moi pequena. Digamos que cada escala cumpre o seu papel e que cada mapa está destinado a un uso determinado.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0