Saltar navegación

Material actividade

Para facer esta carreira, necesitades:

  • Roupa deportiva, tendo en conta a previsión meteorolóxica.
  • Descargar e imprimir o mapa especifico de orientación. Velaquí tedes un mapa con todo luxo de detalles, edificios, rúas, beirarrúas, muros, árbores (tamaño e número), tipo de terreo (asfalto, terra, pedra...) fontes, estatuas, escaleiras, soportais, valos, tipo de vexetación (cultivo, vexetación pasable, impasable...), propiedade privada... Botade man de toda esta información, está no mapa para axudarvos.
  • Descargar e imprimir o dosier de puntos a localizar.
  • Un rotulador para contestar as preguntas do dosier, sobre os puntos a localizar no mapa.
  • Ganas de aprender: a orientarse e a coñecer cousas novas sobre Noia.
  • Moitas ganas de pasalo ben!!

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0