Sistema vocálico
As vogais
As vogais son sons da fala humana producidos ao expulsar aire pola boca, acompañados da vibración das cordas vocálicas; por iso dicimos que son "sonoras".
Segundo a posición da lingua na cavidade bucal e a maior ou menor abertura desta emitiranse vogais diferentes. Canto maior é o número de vogais nunha lingua, menor é a diferenza entre elas, pois o espazo articulatorio é moi reducido; a delimitación oral e auditiva nesas linguas, vólvese, por tanto, máis esixente á hora da súa aprendizaxe.
Non todas as linguas teñen o mesmo número de vogais (o castelán ten 5, o galego e o portugués 7, o inglés 20 e o francés 19). Isto é debido, por exemplo, a que a posición intermedia é máis aproveitada nunhas linguas que noutras. Por outra parte, algunhas linguas, coma o francés ou o portugués, teñen tamén vogais nasais. O galego tamén as tivo, pero hoxe están prácticamente desaparecidas.
Observa
Sa-bi-a-mos / co-tiá
Posición tónica ou pretónica
En posición tónica ou pretónica o sistema vocálico do galego presenta sete fonemas:
|
Punto de articulación |
Anterior ou palatal |
Central |
Posterior ou velar |
|
Pechada |
/i/ |
/u/
|
|
|
Abertura media pechada |
/e/ |
/ọ/
|
|
|
Abertura media aberta |
/
ę/, /ɛ/
|
/ɔ/
|
|
|
Aberta |
/a/
|
Posición postónica non final
En posición postónica non final, os fonemas
redúcense a cinco, xa que non se dá á oposición entre abertura media
aberta e abertura media pechada: /a,e,i,o,u/: /kágado/, /número/. Nesta
posicion é frecuente a vacilación no punto de articulación (númaro).
Posición postónica final
En posición postónica final o número de fonemas redúcese a tres:
/a,e,o/. Ocasionalmente, en palabras non patrimoniais poden atoparse /i,u/: taxi,
tribu, álbum, corpus.
