As letras son as representacións gráficas dos
fonemas na escrita, pero non se corresponde sempre unha letra para cada fonema
nin un fonema para cada letra:
1- Non todos os fonemas están representados por
unha letra, pois algúns precisan de dúas (dígrafos): ch, /r/: rr, nh…
2- Algúns fonemas teñen máis dunha representación
gráfica, segundo certas regras:
- O /b/
represéntase con b se procede de B-, -B- e -P- latinos (BUCCA=boca)
e con v se procede de U- e -U- (ADUOCATU=avogado).
- /k/:
c, qu (cara, queixo). /g/: g, gu. / / : z,c.
3- Dous fonemas poden ter a mesma representación
gráfica:
-/r/: raro.
/n/: fano, non.
-
Vogais de apertura media ou pechada: oso, óso.
-
Taxi- exército.
Algunhas grafías representan dúas posibilidades de
pronuncia a escoller polo falante:
-
Representación
do seseo e gheada: aguia: /ágia/ ou /áhia/
4- Algúns signos gráficos non representan ningún
fonema: caso do h, e do u
que segue a g e q cando preceden e,i: guepardo.
5- No noso alfabeto algunhas letras
só se usan na transcrición de nomes ou palabras estranxeiras: k, w, y, ç.