Competencia básica
Repasa a táboa dos fonemas
| Letra | Nome | Fonema(s) que representa |
|---|---|---|
| A | a | /a/ |
| B | be | /b/ |
| C | ce | /θ/ (+ e e i; /s/ en zonas con seseo); /k/ (+ a, o e u) |
| D | de | /d/ |
| E | e | /e/, /ɛ/ |
| F | efe | /f/ |
| G | gue | /g/ (/x/ en zonas con gheada) |
| H | hache | |
| I | i | /i/, /j/ |
| L | ele | /l/ |
| M | eme | /m/ |
| N | ene | /n/ |
| Ñ | eñe | /ɲ/ |
| O | o | /o/, /ɔ/ |
| P | pe | /p/ |
| Q | que | /k/ |
| R | erre | /r/, /ɾ/ |
| S | ese | /s/ |
| T | te | /t/ |
| U | u | /u/, /w/ |
| V | uve | /b/ |
| X | xe | /ʃ/, /ks/ |
| Z | zeta | /θ/ (/s/ en zonas con seseo) |
| Dígrafo | Nome | Fonema(s) que representa |
|---|---|---|
| ch | ce hache | /tʃ/ |
| gu | gue u | /g/ |
| ll | ele dobre | /ʎ/ |
| nh | ene hache | /ŋ/ |
| qu | que u | /k/ |
| rr | erre dobre | /r/ |
/ʃ/
Este fonema consonántico fricativo palatal xordo, presente en verbas como xamón ou seixo é un fonema característico da lingua galega. Na Idade Media existía tamén a súa parella sonora (a letra coa que se representaba era o "j", como en Cancioneiro da Ajuda). Este fonema non existe no castelán, polo que non caias na tentación de asociar a letra "j" co fonema velar do castelán (de jamón, por exemplo); lembra a grafía medieval (Arteijo, ou palabras como Pujol).
Observa tamén que a letra "x" non representa sempre o fonema /ʃ/, senón que tamén representa un grupo consonántico, como en taxi.
/ ŋ /
Este fonema consonántico nasal velar sonoro é o que pronunciamos cando dicimos unha. Como ben sabes, escribímolo co dígrafo -nh-; mais non só o representamos así, porque o n final de palabras como pan ou Ramón en galego tamén o pronunciamos velar, aínda que o representemos coa letra "n".
Practica en voz alta
As seguintes palabras: xordo, xerme, axotar/ exalumno, taxidermia.
Ningunha, ningún, algún.
Observa ben o seguinte: a secuencia "non o sei", o segundo "n" non se pronuncia velar, senón alveolar, pois a secuenciación é a seguinte: no-no sei.
1
Retroalimentación
Verdadeiro
Abellón
O fonema /λ/ represéntase en galego co dígrafo "ll".

