Competencia media
Os puntos de articulación das consoantes
Bilabial: prodúcese contacto entre o labio superior e inferior: /b/, /p/, /m/
Labiodental: o beizo inferior roza os dentes superiores: /f/
Linguodental: a lingua toca os dentes superiores: /d/, /t/
Linguoalveolar: a lingua toca os alvéolos (a enxiva superior): /s/, /n/, /l/, /r/
Palatal: a lingua roza o padal: /Š/, /ĉ/, /ň/ e / λ /
Velar: a parte posterior da lingua móvese cara oa veo do padal: /K/, /g/, / ŋ /
Practica
Indica o punto de articulación dos seguintes fonemas:
Os modos de articulación das consoantes
Oclusiva: o aire sae de golpe pola boca, despois dunha breve "oclusión": /b/, /p/, /d/, /t/, /g/ e /k/
Fricativa: o aire sae rozando, "friccionando": /f/, /Θ/, /s/, /Š/
Africada: despois dunha oclusión inicial, o aire sae da boca rozando: /ĉ/
NasaL. O aire sae pola cavidade nasal: /m/, /n/, /ň/, / ŋ /
Líquida lateral: o aire sae polos laterais da boca: /l/, / λ /
Líquida vibrante simple: / г /
Líquida vibrante múltiple: /ŕ/
Practica
Indica o modo de articulación dos seguintes fonemas:
/S/:
É un fonema consonántico linguoalveolar fricativo xordo. Na Idade Media existía tamén a súa parella sonora, que aínda se conserva en portugués. Na escrita, para representar o complexo sistema de fonemas sibilantes empregaban diversas grafías (s, ss, z, ç: saber, passo, fazer, paço); observa que a letra "z" nesa época non representaba o mesmo fonema que hoxe ( /Θ/: zapato). No galego actual só empregamos a letra "s" para representar a linguoalveolar fricativa xorda.
Este fonema ten en Galicia dúas realizacións:
- Unha realización predorsal e outra apical. É dicir, a diferenza está en que a lingua toca os alvéolos coa punta ou co predorso.
- A realización apical en posición inicial, media e final é a que se dá en zonas de non seseo: sopa, casar, papeis. É tamén o /s/ en posición final das zonas de seseo: lus, rapas.
En zonas de seseo total conviven o /s/ apical (seis) e o predorsal. A realización predorsal aparece en posición inicial e media: sapato, vou casar un xabarín. O galego estándar indica que se escriba coa letra "z" aínda que se pronuncie "s" predorsal.
/g/ (/x/ en zonas con gheada)
O fonema consonántico oclusivo velar sonoro /g/ non é propio de toda Galicia. Nas zonas nas que está ausente existe o /x/ fonema oclusivo farínxeo xordo, que coñecemos como "gheada": ghato, ghaliña.
Observa como no Programa das Festas de Ribeira, un lugar que no se fala galego con gheada e seseo, intentan deixar moi claro o orgullo por esta característica.
Aviso moi serio da orjanisasión pra os espectadores:
A Real e ilustre cofradía da Dorna ten como prinsipal premisa evitar desjrasias en tódalas actividades orjanisadas durante a festa da Dorna, por elo rojamos aos espectadores do Jran Prix de carrilanas, eviten invadir o asfalto durante a disputa da proba, efajan caso en todo momento das indicasións pola orjanisasión (...)
Escoita
Que pasou?
Esmagháche-lo ghato coa sapatilla.
/r/
Estes fonemas linguoalveolares líquidos vibrantes poden ser simples ( caro) ou múltiples (rato). A diferenza estriba na vibración múltiple ou simple que realiza o ápice da lingua cando articula este fonema.
Proba ti para veres a diferenza.
As consoantes nasais
Queres entender por que denominamos os fonemas /n/, /ň/ e / ŋ / nasais? Fai a seguinte proba:
Presiona e tapa cos dedos o nariz mentres pronuncias "m", "n" e "ñ". Notas a presión do aire tentando saír?
Tapa de novo o nariz e pronuncia agora consoantes que non son nasais, como "r", "t" ou "b". Por que agora non ocorre o mesmo? porque o aire sae pola cavidade bucal.
