Repaso: Verbos con alternancia vocálica no radical
Verbos en -ar que teñen como VR -e- ou -o-
Os que alternan -e- aberto, -o- aberto nas formas rizotónicas e pechados nas arrizotónicas: acordar, alegrar, almorzar, amolar, berrar, chocar, colgar, espertar, entregar, fregar, levar, medrar, pecar, pegar, probar, quebrar, regar, serrar, tostar, xogar...
EX: AlEgro-alEgras-alEgra-alegramos-alegrades-alEgran
|
RAÍZ |
VOGAL TEMÁT. |
DESINENCIAS |
|
Formas rizotónicas |
AlmOrz |
- |
-o |
|
Formas rizotónicas |
AlmOrz |
-a- |
-s |
|
Formas rizotónicas |
AlmOrz |
-a- |
-O |
|
Formas arrizotónicas |
Almorz |
-a- |
-mos |
|
Formas arrizotónicas |
Almorz |
-a- |
-des |
|
Formas rizotónicas |
AlmOrz |
-a- |
-n |
Os que teñen timbre inalterado en todo o paradigma:
-pechado (arrolar, botar, cebar, chegar, contar, pesar, podar, torrar...)
-aberto (aboiar, enxertar, mermar, obrar, quentar, votar...).
Verbos en -er
Alternancia o pechado, o aberto no presente de indicativo, por exemplo: comer: como, comes, come, comemos, comedes, comen.
Excepcións: Crer, ler e deber (sempre pechado).
Quecer e esquecer, sempre aberto.
Querer e poder levan timbre aberto nas rizotónicas e pechado nas arrizotónicas.Verbos en -ir
Alternancia -e pechado, -e aberto nas p2, p3 e p6 do pres. de ind., -i na p1 do presente de indicativo e no imperativo; por exemplo: servir: sirvo, serves, serve, servimos, servides, serven. Ferir, mentir, seguir,sentir...
Alternancia -u, -o aberto no presente de indicativo; por exemplo: durmir: durmo, dormes, dorme, durmimos, durmides, dormen. Acudir, bulir, cubrir, engulir, lucir, pulir, ruxir, sacudir, subir, sufrir, tusir, ulir...
|
Durmo |
durm |
-O- |
-O- |
-o |
|
Dormes |
dOrm |
-e- |
-O- |
-s |
|
Dorme |
dOrm |
-e- |
-O- |
- |
|
Durmimos |
durm |
-i- |
-O- |
-mos |
|
Durmides |
durm |
-i- |
-O- |
-des |
|
Dormen |
dOrm |
-e- |
-O- |
-n |
