Competencia media
Cavidade bucal

Identifica as partes da cavidade bucal
Partes da lingua: parte posterior, dorso, predorso, ápice (ou punta).
Labios, dentes, alvéolos, padal (ceo da boca), veo do padal.
Cavidade bucal, pasaxe cara á cavidade nasal
O timbre das vogais tónicas
A distinta abertura da vogal depende da etimoloxía:
As vogais longas do latín > son “pechadas” en galego e as breves >"abertas “:
/e/ pechada: lat. Sîtim > sede; rede> rede, etc.
/E/ aberta: lat. sedem> (sE eclesiástica); terra > tErra; dEus, etc.
O timbre das vogais pretónicas
En posición anterior á tónica pódense ver tamén 7 vogais, cando hai parellas de palabras nas que a oposición aberta/ pechada da vogal de grao medio átona é pertinente, é dicir cando o significado é diferente segundo se pronuncie con vogal aberta ou pechada (como botar/ bOtar).
/E/ , /O/ aberto nas vogais pretónicas aparece:
Nos derivados das formas con vogal tónica aberta formados co sufixo "iño": pEdra > pEdriña, rOda > rOdiña, pOla > pOliña, bOla > bOliña.
Nas derivadas e primitivas que se senten próximas ás palabras primitivas que tiñan /E/, /O/ abertos: cOrda > cOrdeiro ("año"), quEnto > quEntamos, pOdo > pOdemos.
/e/ , /o/ pechados nas vogais pretónicas aparecen :
Nos derivados das formas con tónica pechada formados co sufixo "iño": pola > poliña.
Homógrafas/homófonas
A acentuación diacrítica permite saber cando a vogal é aberta, como no caso de óso (articulación) e oso (animal plantígrado); mais non todas as palabras homógrafas -pero non homófonas- portan til diacrítico, como ocorre nos seguintes exemplos:
- A preposición “sen” (pronúnciase con timbre pechado) e o substantivo “sen”, sinónimo de “tempa” (pronúnciase con timbre aberto).
- O substantivo "xogo" (pronúnciase con timbre pechado) e o verbo "xogo" (pronúnciase con timbre aberto).
