Aprende e practica
Vogais semiabertas- semipechadas
Non sempre é doado saber cando as vogais de abertura media son semiabertas ou semipechadas. Aínda así hai algunha regra moi sinxela que che poderá axudar a distinguilas:
Presentan no sistema máis común vogal tónica semiaberta:
1- As vogais de abertura media que portan un acento diacrítico: vén, só, póla, óso, présa,... coa excepción do verbo "pór".
2- Normalmente, as que se corresponden cos ditongos ue e ie en castelán (pObo, mEdo).
Presentan no sistema máis común vogal tónica semipechada:
As palabras en que -o- forma ditongo con -u- (ditongo decrecente): touro, tesouro...
As homógrafas das que levan acento diacrítico: do, ven.
Escolle
Solución
Solución
Solución
Actividade de encher espazos
Coloca p ou a onde creas que as vogais tónicas de apertura media son abertas ou pechadas
