O alfabeto galego
O alfabeto galego ten 23 letras
|
a |
b |
c |
d |
e |
f |
g |
h |
i |
l |
m |
n |
|
A |
B |
C |
D |
E |
F |
G |
H |
I |
L |
M |
N |
|
o a |
o be |
o ce |
o de |
o e |
o efe |
o gue |
o hache |
o i |
o ele |
o eme |
o ene |
|
ñ |
o |
p |
q |
r |
s |
t |
u |
V |
X |
z |
|
|
Ñ |
O |
P |
Q |
R |
S |
T |
U |
V |
X |
Z |
|
|
o eñe |
o o |
o pe |
o que |
o erre |
o ese |
o te |
o u |
o uve |
o xe |
o ceta |
e 6 dígrafos
|
ch |
gu |
ll |
nh |
qu |
rr |
|
CH |
GU |
LL |
NH |
QU |
RR |
|
o ce hache |
o gue u |
o ele duplo & ele dobre |
o ene hache |
o que u |
o erre duplo
|
Unha curiosidade
Hai persoas “sinestésicas” que perciben con frecuencia correspondencias entre cores, sons, sabores outexturas. Por exemplo, tocar unha superficie tersa pódelles suxerir un sabor doce. Estas experiencias non son asociacións, senón percepcións sensoriais. O poeta Arthur Rimbaud era unha desas persoas. Coa lectura do seguinte poema poderás entender mellor o fenómeno da sinestesia.
Soneto das vogais
A negro, E branco, I vermello, U verde, O azul: vogais,
algún día direi a vosa orixe secreta;
A, negro corpiño velludo de moscas relucentes
que se axitan en torno de fetideces crueis,
golfos de sombra; E, candores de néboas e de tendas,
lanzas de glaciares de feros, reis brancos, calafríos de umbelas;
I, púrpuras, sangue esputada, rir de beizos belos
en cóleras terribles ou embriagueces sensuais;
U, ciclos, vibracións divinas dos mares verduscos,
paz de campos sementados de animais, paz de engurras que a alquimia imprime nas grandes frontes estudosas;
O, supremo clarín de estridencias estrañas,
silencios atravesados de Mundos e de Anxos;
O, a Omega, ¡o reflexo violeta dos seus ollos!
Arthur Rimbaud
