PRINCIPAL

Saltar navegación

5- Outras linguas do mundo

 

Non é posible que falemos detalladamente de tódalas linguas, polo que faremos unha breve reseña, con mención dalgúns dos países máis relevantes lingüísticamente.

América

Este continente caracterízase pola utilización de linguas do continente europeo, posto que moitos antigos imperios europeos tiveron colonias no continente americano. Isto propiciou a introdución de linguas coma o inglés, no norte, e o castelán e portugués, no sur, substituíndo así as linguas indíxenas, que hoxe están minorizadas.
 

Estados Unidos: país no que o idioma oficial en todos os estados é o inglés. Tamén son oficiais nalgúns estados o castelán (xeralmente naqueles estados que son fronteirizos con México), o francés e o hawaiano (no arquipélago das illas que levan o mesmo nome).

Canadá: país no que son oficiais o inglés, xeralmente considerado lingua maioritaria, e o francés, máis empregado no estado canadense de Quebec, debido a que foi a única colonia francesa en América

Arxentina: país no que o castelán é a lingua maioritaria, aínda que non é a única lingua oficial, posto que o guaraní é unha lingua cooficial na provincia das Correntes.

Brasil: país no que o idioma oficial é o portugués, ou como é denominado alí, brasileiro; ademais tamén está protexida a lingua brasileira de Señas.

México: un dos países con máis linguas recoñecidas e oficiais do continente americano. Neste país, a constitución non pronuncia cales son as linguas oficiais, pero son considerados como tales o castelán, e 62 linguas indixenas, segundo á lei dos Dereitos Lingüísticos do 2001, son, xunto co español, “linguas nacionais” coa “mesma validez nos seus territorios”, entre as que se atopan, cun maior numero de falantes, o náhuatl, o maia, o mixteco, o zapoteco, o tzotzil e o tzeltai, entre outros.

Culturas indíxenas: dende 1992, a constitución mexicana define ao país como nación “pluricultural”, en recoñecemento dos pobos indíxenas. Segundo datos da Comisión Nacional para o Desenvolvemento dos Pobos Indíxenas a poboación indíxena en México ascende a máis de 12 millóns de persoas (dun total aprox. de 104 millóns).

Asia

Ao contiente asiático correspóndelle o 33% das linguas do mundo.

A India é un dos países máis poboados do mundo: nel existe unha situación de diglosia (favorable ao inglés) no traballo e na xustiza; tamén son oficiais, mais pouco empregadas neses ámbitos, o hindú e outras linguas: o bengali, o camarés, o tegulu e o urdú entre outros.

China: é o país máis poboado do mundo; a lingua oficial é o chinés, pero a forma estándar de empregalo é o uso do mandarín; existen zonas nas que o cantonés é oficial, como Hong Kong (zona na que o inglés está en situación de cooficialidade) e Macao, onde, ademais do cantonés, o portugués é cooficial. Tamén son linguas das minorías étnicas o mongol, o tibetano e o uigur, ademais doutros dialectos.

Xapón: país caracterizado por unha situación de monolingüísmo e diglosia; só o xaponés é considerado lingua oficial neste estado, mais tamén se empregan, aínda que non sexan linguas oficiais, o ainu e o ryukyuense.

Oceanía

É a zona de maior diversidade lingüística: menos de 60 millóns de habitantes falan unhas 800 linguas.

Nova Zelanda: segundo país máis importante deste continente; antiga colonia inglesa, neste país o inglés e o maorí son consideradas linguas oficiais. Ademais, a presenza do francés na escola é importante debido á emigración.

Australia: país do continente de Oceanía que se caracteriza por unha situación lingüística monolingüe, posto que a única lingua oficial deste país é o inglés, debido a que historicamente foi unha colonia inglesa.

Papúa e Nova Guinea: caracterizados por unha situación lingüística de bilingüismo, debido á existencia de varias linguas oficiais, coma o son o inglés, o Tok Pisin, e o Hiri motu; ademais da existencia de moitas linguas indixenas.

África

É o continente que ten as taxas de alfabetización máis baixas de todo o mundo.

Exipto: o único idioma oficial deste país mediterráneo é o árabe, aínda que por razóns de turismo a maioría tamén coñeza o inglés e o francés.

Marrocos: país norteafricano no que o árabe é a lingua oficial de todo o país; hai zonas nas que se falan dialectos bereberes, o francés e español.

Sudáfrica: un dos países máis industrializados do continente africano; neste país dáse unha situación de bilingüismo, posto que son linguas oficiais o afrikáans, o inglés, o zulú, o suazi, entre outros.

Mozambique: 21 millóns de habitantes; idiomas: inglés, portugués e suahili; 5 minoritarias.

Guinea: (1 millón de h.) español e francés, 5 minoritarias. Lingua escolar: español.

Cabo Verde (aprox. 500.000): portugués; criollo caboverdiano maioritario, pero non oficial.

Togo: (6. m.) 39 linguas; oficiais: éwé, kabiye, francés. Ensino: francés maioritario.

Santa Elena: (6.500 h.) lingua oficial: inglés.

Kenia (30 m) lingua oficial : suahili; lingua escolar: inglés, 3 minoritarias.