4-2- Onde se fala este idioma?
alsaciano
Durante mais de 1.000 anos a variedade xermánica foi a única utilizada nestas terras até que en 1648 unha grande parte da rexión vai parar ao Reino da Francia. Coa Revolución francesa inícianse políticas destinadas a impor o francés como a única lingua da República. Desde 1945, acabada a II Guerra Mundial, a Alsacia pertence a Francia. A variedade alsaciana é proscrita na escola, os escolares son castigados cando o usan nas aulas e é considerado un atranco para o progreso persoal mais, sobre todo, será vista como unha vergoña nacional pola sua ligación coa lingua alemá. Todo isto provoca que a transmisión familiar da lingua que moi deteriorada.
Por volta de Maio do 68, unha nova xeración toma consciencia da situación linguística. Aos poucos, a contestación aumenta, novas organizacións e xornais son creados e vaise espallando a idea de o alsaciano representar un elemento do patrimonio e o alemán estandar unha utilidade que é preciso difundir. Hai poucos anos, creáronse as primeiras aulas bilingues, con paridade horaria.
Tomado de: http://127.0.0.1:51235/Liguas_do_mundo15-1/resources/alsacia.pdf
córnico
O cornuallés ou córnico é un idioma que aínda na súa época de maior esplendor abarcou unha superficie territorial moi escasa. Sitúase en Gran Bretaña, no sudoeste da illa, concretamente na rexión de Cornualles.
Cornualles é un condado e abarca unha península que limita ó norte e ó oeste co océano Atlántico e ó sur co Canal da Mancha. Incluído no subgrupo británico das linguas celtas, o cornuallés está intimamente relacionado co bretón, e aínda que dunha maneira máis distante, co galés.
Coma unha lingua vernácula falada, o cornuallés tiña xa desaparecido a finais do século XVIII, aínda que existen probas que avalan a supervivencia, no século XIX e probablemente a principios do XX, de certo coñecemento popular da lingua, mentres que algunhas palabras aínda seguen vivas dentro do dialecto córnico contemporáneo. Foi precisamente no século XX cando nace un pequeno pero persistente movemento para resucitar esta lingua.
http://127.0.0.1:51235/Liguas_do_mundo15-1/resources/LG_cornualles.htm
romanche
Este é outro dos países europeos que se caracterizan por unha situación de bilingüismo. Neste país son consideradas linguas oficiais: o francés, o alemán, o italiano e o romanche. O francés é maioritario no oeste do país, o alemán no norte ( o maioritario) e o italiano no sur. Ademais, tamén existen varios dialectos do alemán.
frisón
Aínda que a lingua maioritaria é o alemán, hai outras linguas que son oficiaís e protexidas por ser linguas minoritarias, como é o caso do danés, baixo alemán, o sórabo, o romaní e o frisón.
tártaro
Rusia, o país mais grande de Europa, caracterizase por unha situación de bilingüismo, posto que a lingua oficial é o ruso; algunhas linguas son oficiais nas subdivisións administrativas de Rusia, como o tártaro, o checheno, o yidis, o komi, entre outros. O ruso é a lingua máis falada en Europa, xa que conta con 120 millóns de falantes, pero pola súa condición social e económica non se considera hoxe lingua estratéxica no ámbito económico.
