3-2- Queres aprender máis? Aragonés
Aragonés
Procede do antigo navarro-aragonés e conserva preto de 30.000 falantes no norte de Aragón, aínda que tamén se falou en Navarra ou en Valencia. Existen 3 variantes: aragonés central, aragonés oriental e o aragonés meridional. Aínda que o Estatuto de Autonomía propugna a súa protección, non é considerado lingua oficial.
Características fonolóxicas xerais do aragonés:
- Os O e E abertos do romance convértense nos ditongos [we] e [je], por exemplo VET'LA > biella (gal: vella).
- Perda do -E final non acentuado, exemplo GRANDE > gran (gal: grande).
- Presérvase o F- inicial, exemplo FILIU > fillo (gal: fillo).
- O iode romance (GE-,GI-,I-) convértese en consoante africada palatal xorda ch [ʧ], exemplo IUVEN > choben (gal: xove), GELARE > chelá(r) (gal: xear).
- Os grupos cultos romances /-ult-/ e /-ct-/ pasan a [jt], exemplo FACTU > feito (gal feito, cat fet).
- Os grupos romance /-x-/, /-ps-/ e /scj-/ convértense en fricativa palatal xorda ix [ʃ], exemplo COXU > coixo (gal coxo, cat coix).
- Os grupos romances -Lj-, -C'L-, -T'L- convértense en lateral palatal 'll' [ʎ], exemplo MULIERE > mullé(r) (gal: muller, cat: muller), ACUT'LA > agulla (gal: agulla, cat: agulla).
- O-B- latino permanece nas terminacións do imperfecto de indicativo na segunda e terceira conxugación: teniba (gal tiña, cat tenia).
Actividade de lectura
Texto promotor do uso das tres falas de Aragón (aragonés, catalán e castelán)
Choben, charra a tua fabla. Aragón ye trilingüe.
Joven, habla tu lengua. Aragón es trilingüe.
Jove, parla la teva llengua. Aragó es trilingüe.
|
Adibinetas Campo blanco, simién negra, zinco güeys e una rella. ¿Qué ye? (Soluzión: el libro) |
Cuan ba t’al monte Ba bien farteta, E cuan torna ta casa Bien laseta. ¿Qué ye? (Soluzión: la bota de bin) |
|
Os míos bersos |
Os míos bersos |
Buscan |
