4-1- Que falaría Xoán se nacera en...?

En Portugal
Probablemente falará portugués ( e chamarase Joao), a non ser que sexa do nordés de Portugal, que falaría mirandés. A lingua desta zona, aínda sendo falada por pouca xente, é lingua oficial.
En Francia
Con moita probabilidade. É un caso de país diglósico, posto que só o francés foi considerado unha lingua oficial en todo o estado. O francés, por condicións sociais, impúxose ao longo da historia ao resto das linguas do seu territorio, coma o catalán (si, les ben, catalán), o bretón, o corso, o occitano, o provenzal, o vasco e o alsaciano. Estas linguas víronse historicamente "minorizadas". O eslogan promovido polas autoridades francesas era: “Le français c ́est chique”.
Caso diferente é se o noso protagonista procede dalgunha das múltiples familias que emigraron a Francia; entón tamén pode falar, como lingua da casa, marroquí, algunha lingua africana, e por que non? tamén pode falar galego, pois este país, xunto con Suíza, Alemania, Francia e Gran Bretaña recibiu a moitos traballadores do noso país.
No sur de Bélxica
Francés se vive na parte sur, sureste; pero tamén podería ser neerlandés (tamén chamado flamenco) ou alemán (lingua minoritaria). Este país caracterízase por ter unha situación lingüística de bilingüismo, xa que todas son oficiais. Só algunhas zonas do leste utilizan o alemán como lingua habitual.
No norte de Chipre
Esta illa está dividida en dous, a zona norte, que forma a República chipriota do norte, e o sur que é a república de Chipre. Acontece que neste país hai dúas linguas oficiais: o grego no sur da illa, falada polos greco-chipriotas e turco no norte, falado polos turco-chipriotas.
En Munich, Alemaña
Probablemente alemán, que é a lingua maioritaria; mais tamén podería falar outras linguas que son oficiaís e protexidas por ser linguas minoritarias, como é o caso do danés, baixo alemán, o sórabo, o romaní e o frisón. Neste país, debido ás condicións da emigración, hai linguas utilizadas, pero que non son consideradas oficiais, como é o turco, o polaco e o ruso, entre outras.
