MAPAS PLANOS E MAQUETAS

Unha das aplicacións máis inmediatas da semellanza na vida real é a creación de mapas, planos e maquetas A relación existente entre calquera segmento da representación da figura e do seu homólogo na figura real da mesma denomínase escala. Así, por exemplo, unha escala 1:100 indícanos que unha medida de 1 unidade na representación equivale a 100 unidade na fiura real.

A escala é precisamente a razón de semellanza entre a figura representada e a real.

Polo tanto, se a escala é maior ca 1 estaremos ante unha ampliación e se é menor ante unha redución.