VOLUME DO TRONCO DE CONO

Un tronco de cono é un cono cortado por un plano paralelo á súa base. Polo tanto, o volume dun tronco de cono será a diferenza entre os volumes do cono orixinal e do cono extraído.

É dicir

Vtronco = Vcono orixinal - Vcono extraido

Vtronco =
1/3
π R2 H -
1/3
π r2 h
onde H e h son as alturas e R e r os radios dos conos orixinal e extraído respectivamente.
Por tanto Vtronco =
1/3
π (R2 H - r2 h)
 
Lembra, ademais, que nun tronco de cono se cumpre que
H/R
=
h/r