Saltar navegación

2.1 Estatística

É difícil establecer a orixe da estatística, pero parece que os datos máis antigos que se coñecen, do que nós entendemos por estatística, son os censos chineses alá polo ano 2200 antes de Cristo.

A palabra estatística está emparentada con Estado, xa que a principal función dos gobernos dos estados era establecer rexistros de poboación, nacementos, defuncións, colleitas, impostos, etc. Hoxe en día, a maior parte das persoas entende por estatística os conxuntos de datos distribuídos en táboas, gráficos publicados nos xornais, etc.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0