Saltar navegación

2.1.5 Construción de gráficas axeitadas a cada caso

Atopamos nos medios de comunicación espléndidas construcións gráficas que nos permiten cunha ollada entender de que se nos fala e asimilar a información que alí se nos dá. Se temos que representar unha variable cuantitativa, utilizaremos un diagrama de barras ou un histograma, segundo que as variables sexan discretas ou continuas. Para representarmos unha variable cualitativa, empregaremos un diagrama de sectores.

Diagrama de barras

  • Diagramas de barras

Utilízanse para representar táboas de frecuencias correspondentes a variables cuantitativas discretas. Por iso, as barras son estreitas e sitúanse sobre os valores puntuais da variable. Tamén poden utilizarse para representar variables cualitativas.

Exemplo. Cos datos da táboa, que representan as vendas dunha tenda de electrodomésticos nos meses indicados, realícese o gráfico correspondente.

 

Histograma

  • Histograma

Utilízase para distribucións de variable continua. Por iso, se usan rectángulos tan anchos como os intervalos.

Exemplo. A táboa amosa os pesos en gramos de 42 polos do mercado. Representaremos os datos mediante un gráfico estatístico.

 

Polígonos de frecuencias

  • Polígonos de frecuencias

Constrúense unindo os puntos medios dos rectángulos, ben das barras dos diagramas ou ben dos rectángulos dos histogramas, e prologando ao principio e ao final, ata chegar ao eixe.

Exemplo

 

Diagramas de sectores 

  • Diagramas de sectores

A modo de tortas de cores, representan proporcionalmente a frecuencia ou ángulo de cada sector. Pódese utilizar para todo tipo de variables, pero frecuentemente úsase para as variables cualitativas. Podemos establecer comparacións utilizando diagramas de sectores para as mesmas variables que correspondan a diferentes anos.

Exemplo. A táboa amosa as preferencias deportivas da xuventude dunha localidade.

Fútbol

Baloncesto

Natación

Atletismo

2 304

1 024

512

256

Para representarmos os datos nun diagrama de sectores temos que calcular o valor de cada sector en función da frecuencia de cada modalidade. Así, a área de cada sector ten que ser proporcional á frecuencia absoluta da modalidade correspondente.

 

O desafortunado uso dun gráfico na prensa

 

O gráfico que se achega apareceu en La Voz de Galicia o pasado 12 de xaneiro de 2008 para ilustrar o incremento do número de casos atendidos nos hospitais galegos debido á gripe. A verdade é que é moi desafortunado, xa que á primeira vista o gráfico dá unha idea de que hai un aumento moi grande; pero se nos fixamos nel observamos que o gráfico está mal construído, pois non se poden unir, mediante liñas, modalidades que en principio non teñen relación ningunha. Nun carácter estatístico cualitativo (atributo), como é este, no que as modalidades son as cidades onde se mide a frecuencia con que se acode aos seus hospitais, o gráfico máis axeitado sería un diagrama de barras ou un diagrama de sectores.

Uso da folla de cálculo Excel para a realización dun gráfico

Para realizar estas representacións gráficas utilizaremos unha folla de cálculo. Unha folla de cálculo é un cadro formado por celas en que se poden colocar números, textos ou fórmulas. Cada cela identifícase cunha letra, que indica a columna, e un numero que indica a fila.

 

Algúns programas de computador están deseñados para manexar follas de cálculo: Excel, Spreadpdr, Calco, GS Calc, Freegrid...

Realizouse unha enquisa a 28 persoas para saber o número de irmáns de cada un e as respostas foron as seguintes: 

1

2

1

5

1

0

1

2

3

2

1

2

1

3

1

2

4

2

2

0

2

2

1

2

1

2

0

Intentaremos representar estes datos coa axuda dunha folla de cálculo Excel. Daremos os pasos seguintes:

.

Abrimos o programa Excel, dentro de Inicio > Programas > Excel e colocamos os datos formando unha táboa. Na primeira columna colocamos os posibles valores e na segunda as frecuencias absolutas de cada un.

Seleccionamos columna de frecuencias e prememos na icona que nos leva ao Asistente para gráficos, que sinalamos antes. Eliximos o tipo de gráfico e un subtipo, por exemplo Columnas e Columna agrupada con efecto 3D.

 

Premendo Seguinte pásase por varios menús para definir as características do gráfico. No menú Serie, seleccionamos Rótulos para o eixe de categorías para marcar os datos da primeira columna, que logo apareceran no eixe horizontal.

 

No menú Títulos, indícanse os nomes que queremos que aparezan no eixe horizontal (eixe de categorías) e no eixe vertical (eixe de valores). En Lenda, desactívase Mostrar lenda.

 

Pulsando Finalizar, xa temos o gráfico listo. Unha vez rematado, levando o apuntador a cada zona pódese modificar o contido e o formato desa zona.

 

Actividade resolta

A frecuencia con que acode por semana á biblioteca o alumnado dun centro escolar, pódese observar na táboa seguinte. Realice un diagrama de barras, un de sectores e un polígono de frecuencias.

Solución

 

Actividade proposta

S7. A táboa seguinte mostra as superficies, en millóns de quilómetros cadrados, dos océanos do mundo. Represénteos nun diagrama de sectores.

Pacifico

Atlántico

Índico

Ártico

165

81

73

27

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0