2.1.3 Colleita de datos
A información estatística chega a nós mediante gráficas ou táboas moi ben construídas, coas que resulta doado entendermos a información dada. Pero para chegar a elas, cómpre realizarmos un longo proceso, que se inicia agora.
-
Que queremos estudar? Necesitamos saber o que pretendemos estudar; por exemplo, que afeccións deportivas teñen os alumnos e as alumnas dun centro.
-
Selección das variables que se van a analizar. Debe ser evidente cal é a variable e cales os seus posibles valores.
-
Colleita de datos. Efectúanse as medidas ou realízanse as enquisas.
-
Organización de datos. Ordénanse, pásanse a papel, ou mellor, introdúcense no computador.
-
Os pasos seguintes son a elaboración de táboas e gráficas e o cálculo de parámetros, aos que dedicaremos o resto da unidade.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0