Saltar navegación

1.3 Obxectivos

 
  • Comprender a importancia do coñecemento estatístico para a toma de decisións de todo tipo: económicas, médicas, políticas, académicas, etc.
  • Valorar o xeito máis conveniente de recoller os datos estatísticos. No caso de recollérense dunha mostra, esta terá que ser representativa da poboación.
  • Elaborar unha táboa, cos datos e as frecuencias absolutas en columnas, organizando o cálculo das frecuencias relativas e acumuladas.
  • Saber calcular as medidas centrais e interpretar o seu significado práctico. Saber calcular as medidas de dispersión.
  • Recoñecer o significado da diferenza entre dúas mostras coa mesma media aritmética e diferente dispersión.
  • Organizar os datos e os cálculos, e elaborar gráficos estatísticos empregando unha folla de cálculo co computador, e imprimir a folla cunha boa presentación.
  • Explicar o concepto de probabilidade e pór exemplos sinxelos.
  • Discriminar os sucesos equiprobables dos que non o son.
  • Empregar correctamente a regra de Laplace para o cálculo de probabilidades en casos sinxelos.
  • Valorar a participación en xogos de azar e entender o risco de caer na ludopatía como unha doenza aditiva de consecuencias persoais, familiares e económicas xeralmente grave.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0