7. Glosario
-
A
-
Anticonceptivo
Método ou mecanismo que evita a fecundación ou o embarazo.
-
-
B
-
Blástula
Etapa no desenvolvemento dun cigoto, posterior á mórula, constituída por un conxunto de células dispostas como unha esfera oca cunha cavidade interior ou blastocele.
-
-
C
-
Ciclo menstrual
Parte do ciclo reprodutivo feminino consistente en cambios na parede do útero que finalizan coa menstruación.
-
Ciclo ovárico
Parte do ciclo reprodutivo feminino consistente en cambios no ovario que finalizan coa liberación dun óvulo.
-
Cigoto
Ou célula ovo, resultante da fecundación dun óvulo (gameto feminino) por un espermatozoide (gameto masculino).
-
-
E
-
Endolinfa
Líquido que enche o labirinto membranoso do oído interno.
-
Esquelético (sistema)
O formado polo esqueleto, ou conxunto de ósos, e polas articulacións.
-
Esterilidade
Incapacidade dun individuo para producir descendencia.
-
Estímulo
Cambio ambiental (externo ou interno) que ao ser detectado por un organismo orixina unha resposta deste.
-
-
F
-
Fisiolóxico
Relativo ao funcionamento dos sistemas, órganos e tecidos dos seres vivos.
-
Folículo
Cada unha das cavidades dun ovario que contén un óvulo inmaturo.
-
-
G
-
Gónada
Glándula sexual que produce os gametos e segrega hormonas. As gónadas femininas son os ovarios e as gónadas masculinas os testículos.
-
-
M
-
Mórula
Etapa no desenvolvemento dun cigoto constituída por un conxunto de células dispostas como unha esfera compacta.
-
Muscular (sistema)
O formado polos músculos e os tendóns.
-
-
N
-
Nervio
Feixe de fibras nerviosas (cada unha é, á súa vez, un conxunto de axóns neuronais).
-
-
P
-
Perilinfa
Líquido que enche o labirinto óseo do oído interno.
-
Puberdade
Na especie humana, etapa en que maduran os órganos sexuais.
-
-
R
-
Reflexo (acto)
Resposta rápida e automática (non voluntaria) ante un estímulo.
-
-
S
-
Substancia branca
Materia parte do encéfalo e da medula espiñal constituída por prolongacións das neuronas
-
Substancia gris
Materia parte do encéfalo e da medula espiñal constituída polos corpos das neuronas.
-
-
X
-
Xestación
Desenvolvemento do feto ou embrión no útero da nai.
-
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0