2.1.3 Os órganos efectores
Os órganos efectores atópanse nos seguintes sistemas, dependendo do tipo de resposta:
- Sistema locomotor: realiza a resposta motora, responsable do movemento do corpo. Ten unha parte pasiva, o sistema esquelético, e unha parte activa, o sistema muscular.
- Sistema endócrino e as glándulas exócrinas: realizan a resposta secretora.
O sistema esquelético
Está formado polos ósos e as cartilaxes, que realizan as funcións de participar no movemento do corpo, protexer os órganos internos, producir medula ósea (orixe das células sanguíneas) e reserva de minerais (nomeadamente calcio).
- Articulacións. Zonas de contacto entre ósos. Poden ser fixas, como as do cranio, móbiles, como as do xeonllo ou do cóbado, ou de mobilidade escasa, como as da cadeira.
-

Cranio
Cóbado
Cadeira
Os ósos que forman as articulacións móbiles suxéitanse mediante ligamentos, formados por fibras de tecido conxuntivo que os manteñen fortemente unidos. Para lubricar e facilitar a mobilidade entre os ósos hai un líquido chamado sinovia ou líquido sinovial.
- O esqueleto humano. Órganos formados por tecidos vivos sobre os que se depositan minerais que lles dan consistencia. O esqueleto humano está formado por 208 ósos.
-
Esqueleto da cabeza

-
-
Cranio. Protexe o encéfalo. Está formado por ósos planos unidos por articulacións inmóbiles.
-
Cara. Protexe os órganos dos sentidos e a cavidade bucal. Tamén se inclúen os osiños do oído, que transmiten o son desde o tímpano ata o oído interno.
-
-
Esqueleto do tronco

-
Columna vertebral. É un eixe resistente, pero con certa mobilidade, formado por 34 vértebras. No seu interior queda unha canle na que se atopa a columna vertebral.
-
Caixa torácica. Formada polas vértebras dorsais, o esterno e as costelas. Protexe órganos vitais, como o corazón e os pulmóns.
-
-
Ósos das extremidades

-
Extremidades superiores. Formadas pola cintura escapular (clavícula e omoplata ou escápula), os ósos do brazo (úmero, cúbito e radio), os do pulso (carpianos) e os da man (metacarpos e falanxes dos dedos)
-
Extremidades inferiores. Formado pola cintura pélvica, os ósos da perna (fémur, tibia e peroné), os ósos do nocello ou tarso e os do pé e as falanxes das dedas.
-
Sistema muscular
O sistema muscular está formado polos músculos e os tendóns. O noso corpo ten 640 músculos, que representan o 40 % da masa corporal. Dos tres tipos de músculos existentes (esquelético, cardíaco e liso) só o músculo esquelético é o responsable dos movementos voluntarios e da postura corporal. A maior parte dos músculos dispóñense por pares actuando de forma antagónica:
- Flexores e extensores: aproximan ou afastan un óso a outro.
- Pronadores e supinadores: rotan unha extremidade cara a abaixo ou cara a arriba.
- Abdutores e adutores: separan ou achegan á liña media do corpo.
- Elevadores ou depresores: soben ou baixan unha estrutura.
- Esfínteres e dilatadores: pechan ou abren un orificio corporal.
-
Para cumpriren a súa función os músculos esqueléticos únense aos ósos e contráense ou reláxanse producindo movemento.
Cada músculo únese a dous ósos mediante uns cordóns moi resistentes de tecido conxuntivo denominados tendóns.

Actividades resoltas
Cite exemplos de estruturas óseas con función de protección de órganos
-
Solución
-
Os ósos do cranio protexen o encéfalo.
-
A columna vertebral protexe a medula espiñal.
-
Os ósos da cara e do cranio protexen ao globo ocular.
-
A caixa torácica, formada polas costelas e o esterno, protexen o corazón e os pulmóns.
-
A pelve, formada polo ilio, isquion e pube, protexe nas mulleres o útero, onde se alberga o embrión.
-
Cite as funcións do sistema esquelético
-
Solución
Participar no movemento do corpo. Protexer os órganos internos. Producir medula ósea, orixe das células sanguíneas. Reserva de calcio.
Indique as semellanzas e as diferenzas entre os ligamentos e os tendóns.
-
Solución
Tanto os ligamentos como os tendóns están formados por fibras de tecido conxuntivo, os ligamentos unen os ósos, entanto que os tendóns unen os ósos cos músculos.
Actividades propostas
S16. Que ósos interveñen nos movementos de sentar, camiñar, axeonllarse e erguer o brazo?
S17. Indique o funcionamento de músculos antagónicos nas extremidades inferiores.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0

