Saltar navegación

2.2.3 Reprodución e sexualidade

A reprodución é un proceso biolóxico que comparten todos os seres vivos e que asegura a continuidade da especie. A sexualidade é un concepto distinto, que vai máis aló da simple reprodución. É a capacidade dos seres humanos de xuntar o sexo e sentimentos de grande profundidade, como a afectividade e a tenrura.

Métodos anticonceptivos

Os métodos anticonceptivos tratan de evitar que o coito conduza a un embarazo non desexado. Algúns deles tamén evitan as doenzas de transmisión sexual.

Principais métodos de barreira

Método

Descrición

Eficacia

Vantaxes e inconvenientes

Diafragma

  • Cuberta de goma flexible cun anel elástico. Adáptase ao colo do útero e impide o paso dos espermatozoides. O seu uso debe ser prescrito por un xinecólogo.

  • Media

Depende dunha correcta colocación. A eficacia aumenta en combinación con espermicidas.

  • Sen efectos secundarios. Con visita médica previa. Ponse dez minutos antes do coito. Quítase ás oito horas. Non protexe contra as doenzas de transmisión sexual.

Preservativo

  • Fina funda de goma dun só uso, xeralmente lubrificada, que impide que os espermatozoides penetren na vaxina.

  • Moi alta

Utilizándoa correctamente antes de calquera penetración.

  • Doado uso. Sen efectos secundarios. Protexe contra as doenzas de transmisión sexual

Dispositivo

intrauterino (DIU)

  • Pequeno dispositivo que coloca o xinecólogo na cavidade uterina. Dificulta o paso dos espermatozoides á trompas de Falopio e impide que aniñe o óvulo no útero.

  • Alta

Aínda que é máis recomendable para mulleres que xa tiveran outros fillos.

  • Pode permanecer de dous a cinco anos no útero, sempre que se se realizan revisións periódicas. Imprescindible a visita ao xinecólogo. Pode causar infeccións. Non protexe contra as ETS.

Principais métodos hormonais

Método

Descrición

Eficacia

Vantaxes e inconvenientes

Pílula

  • Hormonas ou compostos sintéticos que impiden a ovulación. Tómanse diariamente (pílula) ou unha vez a semana ( parches)

  • Moi alta en todos os casos

  • Moi eficaces. Descritos algúns efectos secundarios a longo prazo. De imprescindible prescrición polo xinecólogo e con controis periódicos para evitar calquera efecto secundario. Non protexe nin evita as doenzas de transmisión sexual.

Aro vaxinal

  • A colocación do anel vaxinal é mensual

Principais métodos cirúrxicos

Método

Descrición

Eficacia

Vantaxes e inconvenientes

Vasectomía

  • Consiste en cortar os condutos deferentes mediante intervención cirúrxica menor.

  • Moi alta

  • Practicamente irreversible

Ligadura de trompas

  • Consiste en cauterizar ou cerrar con grampas as trompas de Falopio mediante intervención cirúrxica menor

Doenzas de transmisión sexual (ETS)

Son infeccións que teñen en común o seu mecanismo de transmisión, que é por contacto directo a través dos fluídos ou as microlesións que se producen durante a relación sexual entre unha persoa enferma a outra sa. Nalgunhas delas tamén é posible o contaxio da nai ao fillo, a través da placenta ou durante o parto.

Microorganismos causantes das ETS:

  • Bacterias: causan doenzas graves, como a sífilis e a gonorrea.
  • Fungos: orixinan unha das máis frecuentes, pero de carácter leve, a candidiase.
  • Protozoos: son a orixe, entre outras, da tricomoníase.
  • Virus: producen doenzas como a SIDA, o herpes xenital e o hepatite B.

Na actualidade todas as doenzas de transmisión sexual, coa excepción da SIDA, teñen tratamento eficaz. As medidas máis aconsellables para as evitar son unha boa hixiene persoal, o uso do preservativo, e acudir ao médico ante calquera sospeita de padecelas.

 

 

Actividades propostas

S23.      Relacione as dúas columnas colocando as letras na cuadrícula adecuada:

a

  • Preservativo

 

 

b

  • Pílula

 

 

c

  • DIU

 

 

d

  • Vasectomía

 

 

 

Habilitar JavaScript

S24.        Procure información sobre os síntomas e os trastornos das seguintes doenzas: sífilis, gonorrea, herpes xenital e SIDA.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0