Saltar navegación

2.2.2 Técnicas de reprodución asistida

Ante a imposibilidade ou dificultade das persoas para concibir fillos, utilízanse fundamentalmente dúas técnicas, inseminación artificial e fecundación in vitro.

Inseminación artificial

Consiste na introdución do seme do compañeiro ou dun doador anónimo no útero da muller receptora mediante un tubo.

Neste caso, a fecundación producirase de xeito natural nas trompas de Falopioda muller receptora.

 

Fecundación in vitro (FIVTE)

A fecundación in vitro é un técnica de reprodución asistida que consiste en pór en contacto un ou máis óvulos cos espermatozoides, no laboratorio. Posteriormente, o embrión resultante implántase no útero dunha muller.

 

 

 

Actividade resolta

Infórmese sobre a técnica FIVTE

Solución

Esta técnica aconséllase para parellas con distintos tipos de esterilidade, xa sexa de orixe feminina ou xa masculina.

  • A muller é sometida a un tratamento de estimulación ovárica que facilita a ovulación e que se controla mediante ecografías e análises hormonais.

  • No momento da ovulación, realízase a punción folicular para extraer os óvulos

  • Os óvulos insemínanse (fecúndanse) posteriormente no laboratorio con espermatozoides obtidos a partir dunha mostra de seme.

  • Os embrións conseguidos transfírense en número máximo de tres ao interior do útero da muller. A transferencia embrionaria adoita realizarse ao segundo día posterior á fecundación, aínda que nalgúns casos o período de cultivo in vitro se prolonga ata o estado de blastocisto, aos cinco ou sete días.

 

 

Actividade proposta

S22.        Sinale as diferenzas entre a inseminación artificial e a FIVTE.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0