Saltar navegación

2.2.1 O proceso da reprodución

Os ciclos sexuais da muller

 

       

Premenstrual

Menstruación

Posmenstrual

Ovulación

Ciclo menstrual e ovulación

Dura uns 28 días e prodúcese desde a puberdade ata a menopausa. Ao comezar o ciclo desenvólvese un folículo, e ínchase. Cara ao día 14 o folículo estala e libera o óvulo encerrado no seu interior. É a ovulación.

No entanto, o folículo segrega unha hormona que provoca o engrosamento da mucosa uterina ou endometrio. Ao liberar o óvulo, o folículo transfórmase no corpo lúteo, o cal produce hormonas que continúan co crecemento do endometrio.

Se o óvulo non é fecundado, o corpo lúteo atrófiase aproximadamente aos 28 días do ciclo, cesando a secreción de hormonas. Entón despréndese a mucosa uterina producindo o fluxo menstrual. Pero se o óvulo é fecundado, o corpo lúteo segue segregando hormonas que manteñen ao endometrio desenvolvido ao máximo.

Fecundación, embarazo e parto

  • Fecundación. É a unión do óvulo e o espermatozoide para dar un novo individuo. Nunha exaculación emítense máis de 300 millóns de espermatozoides, que atravesan as mucosidades do útero e alcanzan as trompas de Falopio. Só algúns destes chegan ao óvulo, onde liberan os seus encimas que disolven as membranas protectoras do óvulo e posibilitan a penetración do núcleo do espermatozoide. A unión dos núcleos de ambos os gametos forma o cigoto.
 

Percorrido dos espermatozoides polo colo uterino ata fecundar o óvulo nas trompas de Falopio

Poucas horas despois da fecundación iníciase a división celular. Mediante a mitose (estudada na unidade 1) o número de células duplícase en cada división ata que se forma a mórula (chamada así polo seu aspecto parecido ao dunha mora) que a medida que se despraza polas trompas de Falopio segue dividíndose, e uns cinco días despois transfórmase na blástula. Esta alcanza o útero e implántase na súa parede, denominándose entón embrión.

  • Embarazo. É o período de desenvolvemento do embrión no útero. O embrión implántase nunha cavidade do útero flotando no líquido amniótico, que lle impide a deshidratación e o protexe dos posibles golpes. Queda unido á parede do útero polo cordón umbilical.

O embrión aos tres meses adquire forma humana e pasa a recibir o nome de feto. A través da placenta, membrana que se forma no terceiro mes de embarazo, o feto recibe os nutrientes e o osíxeno da nai e envía a esta os residuos e o CO2. Todo iso é transportado polos vasos sanguíneos do cordón umbilical.

  • Parto. É a fase final da xestación e ten lugar 280 días despois da fecundación.
La fecundación Por Educastur.es baixo licenca CC BY-NC-SA
Etapas del embarazo Por Educastur.es baixo licenca CC BY-NC-SA
 

Actividade resolta

Se consideramos como primeiro día do ciclo menstrual o primeiro día da regra, segundo o esquema de arriba, indique:

  • A ovulación é antes ou despois da regra?

Se o ciclo durara exacto 28 días, sería 14 días despois da regra.

  • Cando é máis groso o endometrio?

Despois da ovulación

  • Que relación hai entre o endometrio e a regra?

A regra é o desprendemento do endometrio..

 

 

Actividades propostas

S20.        Relacione as dúas columnas:

 

A mucosa do útero dexenera e expúlsase

 

 

 

Fórmase o corpo lúteo

 

 

 

Fase folicular

 

 

 

Ovulación

 

 

Habilitar JavaScript

S21.        Coloque por orde as seguintes etapas no proceso de reprodución: feto, cigoto, embrión, blástula, parto e mórula.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0