2.1 Función de relación
A función de relación compóñena todas as operacións que realiza un ser vivo para pórse en contacto co exterior e para coordinar o funcionamento das partes do seu corpo, actuando todas como unha unidade.
A función de relación realízase en varias etapas: recepción dos estímulos (órganos receptores), integración da información e elaboración dunha resposta axeitada (órganos coordinadores), e resposta ante o estímulo (órganos efectores).
Actividade resolta
Describir o fluxo de información desde que se percibe un estímulo ata que se produce a resposta axeitada, no seguinte exemplo:
É mediodía, Aldara camiña pola rúa e, de súpeto, escoita unha bucina, sobresaltada afástase do ruído entanto que bota unha ollada ao coche que se achega rapidamente.
-
Solución
Aldara capta un estímulo externo, que é o son da bucina, o receptor é o oído, que transmite a información ao nervio auditivo ata un órgano coordinador (sistema nervioso central), que elabora unha resposta que lles transmite ata os órganos efectores (os músculos que fan que se afaste do ruído e mire o coche).
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0
