Saltar navegación

1.2 Coñecementos previos

 

Os seres humanos, como seres vivos que somos, estamos formados por niveis de organización de complexidade crecente, desde a célula ata os sistemas e os aparellos, como se explicou nas unidades 1 e 5 deste módulo. Baseándose nisto debemos lembrar que:

  • Os sistemas son conxuntos de órganos do mesmo tipo que realizan unha función similar. Existen catro tipos de sistemas: muscular, esquelético (xunto co muscular constitúe o aparello locomotor), nervioso e endócrino ou hormonal

  • Os aparellos son conxuntos de órganos moi distintos, que actúan de xeito coordinado realizando unha función. Existen cinco tipos de aparellos: os que interveñen na función de nutrición (dixestivo, respiratorio, circulatorio e excretor) e o reprodutor.

  • Sistemas e aparellos están formados por órganos; os órganos, á súa vez, están formados por tecidos e os tecidos por células. Cada nivel non é simplemente a suma dos compoñentes do nivel anterior, senón que se engaden funcións novas.

  • A relación permite percibir a información do medio exterior ou do interior do seu propio organismo, e producir unha resposta axeitada aos cambios que se producen.

  • A función de reprodución permite xerar novos individuos semellantes aos proxenitores.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0