Saltar navegación

1.1 Descrición da unidade didáctica

Séguese co estudo das funcións que caracterizan os seres vivos iniciado na unidade anterior. A unidade consta de dúas partes:

  • Na primeira estúdase a función de relación no ser humano, feita en tres etapas: recepción dos estímulos (órganos receptores), integración da información e elaboración dunha resposta axeitada (órganos coordinadores), e resposta ante o estímulo (órganos efectores).
  • Na segunda abórdanse a reprodución e a sexualidade, con descrición dos aparellos reprodutores e o proceso fisiolóxico da reprodución. Remátase con algúns aspectos da relación entre a reprodución e a sexualidade humanas.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0