7 - Glosario
-
A
-
Anexar
Xuntar ou engadir a outra cousa que se considera como principal.
-
Aplicación informática
Tipo de programa informático, deseñado como unha ferramenta, que permite ao usuario realizar unha ou varias tarefas.
-
-
B
-
Baixar
En informática, é un termo que se emprega para indicar a descarga de ficheiros, programas ou aplicacións dos servidores nos que se atopan en internet.
-
-
C
-
Cartafol
En informática, é o lugar virtual en que se gardan ficheiros para unha mellor clasificación.
-
Conexión
Contacto entre dúas partes dun sistema. En informática, medio polo que se establece comunicación entre dous equipos informáticos.
-
Configurar
Dar forma a algo. En informática, establecer as características dunha aplicación ou dun equipamento informático.
-
Copiar
En informática, función de edición que permite gardar nunha memoria temporal un obxecto, ou parte del, con posibilidade de ser pegado posteriormente noutro lugar.
-
-
F
-
Favoritos
En internet, páxinas web nas que se entra a cotío.
-
Ficheiro
En informática, lugar virtual no que se garda información (texto, imaxe, etc.).
-
-
H
-
Hipertexto
Texto empregado en soporte informático que permite o acceso secuencial a distintos documentos que están relacionados entre si. Pásase duns documentos a outros por medio de ligazóns.
-
-
I
-
Icona
Símbolo que identifica un elemento informático: ficheiro, cartafol, aplicación, ...
-
-
L
-
Ligazón
Referencia que permite pasar dun documento a outro nun hipertexto. Tamén se chama hiperligazón.
-
-
P
-
Pegar
En informática, inserir un obxecto previamente copiado (texto, imaxe, ...) dentro doutro.
-
Potencia
Producto de dous ou máis números iguais
-
Provedor
Aquel que proporciona algo.
-
-
S
-
Servidor
En informática, equipamento informático que forma parte dunha rede e que proporciona servizos a outros equipamentos denominados clientes
-
-
T
-
Transmisión
Envío de algo (neste caso datos) dun punto a outro dunha rede informática.
-
-
X
-
Xuntar
Asociar a algo que se considera principal. Referido á informática, engadir a un correo electrónico un ficheiro de texto, unha imaxe, etc.
-
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0