Saltar navegación

2.2.2 Potencias de 10. Notación científica

Un número en notación científica consta dun numero decimal comprendido entre 1 e 10, cunha soa cifra decimal distinta de cero antes da coma, multiplicado por unha potencia de base 10 e expoñente enteiro. Utilizaremos a notación científica para expresarmos cantidades moi grandes e moi pequenas.

  • En notación decimal teremos 0,000 001 metros.

  • En notación científica teremos 1,0 · 10-6 metros.

  • En notación decimal teremos 2 000 000 000 metros.

  • En notación científica teremos 2 · 109 metros.

Orde de magnitude dun numero escrito en notación científica é o expoñente da potencia de 10.

O sistema internacional de unidades (SI), ademais de regular as unidades que utilizan os científicos para mediren magnitudes físicas e químicas, simplificou a escritura da notación científica utilizando prefixos diante das unidades que substitúen as potencias de 10.

  • Prefixo

Exa

peta

tera

xiga

mega

quilo

hecto

deca

  • Símbolo

E

P

T

G

M

k

h

da

  • Equivale a

1018

1015

1012

109

106

103

102

101

 

 

  • Prefixo

Deci

centi

mili

micro

nano

pico

femto

atto

  • Símbolo

D

c

m

 µ

n

p

f

a

  • Equivale a

10-1

10-2

10-3

10-6

10-9

10-12

10-15

10-18

 

 

Vexa unhas pirámides curiosas:

Pirámide

 

Actividades propostas

S7. Escriba en notación científica as cantidades seguintes:

Un millón

Un trillón

2321 · 103

Un billón

Unha millonésima

0,0543 · 104

S8. Escriba en notación científica as cantidades seguintes:

 

Unha decena

Un milleiro

Unha centésima

Unha centena

Unha décima

Unha milésima

 

S9. Exprese os seguintes valores usando a notación da táboa da páxina anterior:

Duración dun pulso láser:

2 · 10-9 segundos

Distancia media de Saturno ao Sol:

1,429 · 1012 metros

S10. Escriba en notación científica as seguintes cantidades:

      • A distancia entre o Sol e a Terra.: 150.000.000.000 metros

      • A carga dun electrón: 0,00000000000000000016 coulomb.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0