2.1.1 Cálculo con calculadora
Trataremos cunha serie de exercicios o manexo básico dunha calculadora. Veremos as teclas máis habituais e, cos exemplos, comprobaremos os resultados.
Acender, borrar e apagar
Habitualmente, a tecla ON acende a calculadora e a tecla AC borra todo, mesmo cando esta se atopa bloqueada, e dános unha mensaxe de –E–. A tecla C borra só o último rexistro, cando nos equivocamos ao introducir un número. Se o erro é a operación que queremos facer, abonda con premer deseguido na tecla correcta, e xa queda desactivada a anterior. Para apagar, utilizaremos a tecla OFF, aínda que ás veces algunhas calculadoras se apagan logo duns minutos.
Se queremos facer 2 + 5 – 3, pero nos equivocamos e introducimos un 7, en lugar do 3, podemos premer a tecla C, e introducir de novo o 3, sen perdermos os demais datos. Comprobe a operación coa súa calculadora.
-
Fíxese no seguinte exemplo:
5 x 12 + [equivócome, non é + senón –] 45 + 10 – [non é – senón + ) 33 =
Comprobe que a solución é 58
Tecla MODE
Serve para cambiar o modo de traballar, xa que as calculadoras, aínda que nó non o usemos, teñen modos de traballo para:
-
O mundo da estatística.
-
A canle angular:
-
DEG: graos sexaxesimais.
-
RAD: radiáns.
-
GRA: graos centesimais.
-
A canle que elixe o numero de díxitos que se queren utilizar.
-
A canle da notación científica ou a notación ordinaria.
Este tema é complexo, pero convén saber o básico para comezar.
MODE DEG
Neste primeiro curso usaremos habitualmente o MODE DEG e veremos o xeito de escoller o número de decimais que nos interesa en cada caso.
Premendo a tecla MODE DEG (en moitas calculadoras é MODE 4) teremos o modo de traballar cos graos sexaxesimais, que será o habitual.
Para traballarmos con decimais, debemos decidir cantos queremos que se vexan na pantalla, e a calculadora truncará o número, con esa cantidade fixada. Debemos premer na tecla MODE FIX, que habitualmente será MODE 7 e deseguido pór o número de decimais que desexamos:
-
Se introducimos esta secuencia:



e agora facemos a operación 3,4 x 3,4 a tecla da coma e a tecla

daquela o resultado é 12 se decimais, como fixamos.
Utilicemos a tecla

para borrar e cambiar o número de decimais. Pondo:



veremos na pantalla 0.000, o que significa que o resultado se verá con tres decimais.
Se facemos de novo a operación anterior agora veremos na pantalla 11,560
A nosa calculadora efectúa pola súa conta o redondeo, e presentounos o número cos decimais que lle pedimos.
-
Se queremos pór un numero negativo, premeremos a tecla

logo do número.
Se introducimos


aparecerá na pantalla –2
-
Para calcular a da raíz cadrada debe utilizar a tecla
.
-
A memoria da calculadora permítenos gardar información para utilizala máis tarde, pero debemos saber os tipos de memoria que ten:
A tecla

introduce datos da pantalla na memoria.
Se queremos borrar a memoria, debemos premer
.

Calquera destas teclas recupera datos almacenados na memoria:



suma a pantalla aos datos da memoria.
resta a pantalla aos datos da memoria.
Cando utilicemos unha das memorias aparecerá na pantalla un símbolo que nos indica o seu uso, coa letra correspondente.
Actividade con solución.
A práctica coa calculadora adquírese utilizándoa, pero ao comezo debe procurar comprobar sempre os resultados.
-
-
Efectúe a seguinte operación: 5,698- 18,2 + 27, 35+ 61,3 - 99,85
-
Efectúe a seguinte operación: - 3,65(-1,58+ 13,2 - 7,1) - 8(5× 2,3 - 6)
-
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0