Saltar navegación

2.3.2 Raíces enteiras e raíces exactas

Os números dos que temos raíz exacta chámanse cadrados perfectos. Xa que logo, 36 e 100 son cadrados perfectos, porque:

\sqrt{36}\;=\;6 \sqrt{100}\;\;=10
6^{2\;}=\;36\; 10 2 = 100

Temos, en cambio, que na maioría dos casos non coincide cunha cantidade exacta de unidades enteiras.

Procuremos, por exemplo, a raíz de 40:

\begin{array}{l}\;\;\left.\begin{array}{r}6^2=\;36\;<\;40\\7^2\;=\;49\;>\;40\;\end{array}\right\}\;6\;<\;\sqrt{40\;}\;<7\;A raíz cadrada de 40 estará entre 6 e 7

Ao número enteiro que máis se aproxima, por debaixo, á raíz cadrada de 40 chamámoslle raíz enteira.

\begin{array}{l}\;\sqrt{40\;}\;\approx\;6\Rightarrow\\\end{array}A raíz enteira de 40 é 6

Existe, porén, a posibilidade de utilizarmos a calculadora para o seu cálculo; daranos o resultado co número de decimais que nós fixemos. Lembre o apartado anterior.

Daquela, se queremos o resultado con tres decimais, fixaremos co modo FIX,

m 7 3

E logo, xa podemos calcular 40  = 6,324 aínda que o resultado ten moitos máis decimais, pero a calculadora só nos ofrece o resultado cos decimais fixados.

 

Actividade resolta

Son verdadeiras ou falsas estas afirmacións?

Afirmación ............... Verdadeiro / Falso
Como ( -5) 2= 25 ; daquela √25 = -5   
 -5 e unha raíz cadrada de 25  
 81 ten dúas raíces cadradas: 3 e -3  
 16 ten so unha raíz cadrada 4  

Habilitar JavaScript

 

Actividade proposta

S13. Calcule por aproximación, e logo con tres decimais, o resultado destas raíces:

\begin{array}{l}\sqrt{34}\\\sqrt{75}\\\sqrt{12}\\\sqrt{124}\\\sqrt{258}\\\end{array}

 

S14. Calcule a raíz enteira de :

2

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0