Cálculo mental. Potencias e Raíces. O Procesador de textos.
1.2 Coñecementos previos
Coñecementos previos
Para desenvolvermos estratexias de cálculo mental e mesmo traballarmos con calculadora, necesitamos dominar as operacións con enteiros e racionais, co fin de enfrontármonos con éxito a calquera estratexia. Debemos coñecer as regras das operacións con potencias, vistas con expoñente natural, anteriormente.
Para o traballo cun procesador de textos precísase coñecer o manexo do rato, do teclado e do sistema operativo, o suficiente para escribir un texto e poder arquivalo ou imprimilo.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0