Saltar navegación

1.1 Descrición da unidade didáctica

Nesta unidade utilizaranse estratexias de cálculo mental para resolución de operacións sinxelas, que se completará co uso da calculadora, así como as potencias de expoñente enteiro, as operacións entre potencias, a notación científica relacionada coas grandes e pequenas distancias, os cadrados perfectos e o cálculo da raíz cadrada coa calculadora. Para rematar, iniciaremos o estudo dun procesador de textos, e o intercambio e a publicación de información.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0