6.3 Solucións dos exercicios de autoavaliación
1. En que tipo de dicionario se atopa información sobre a orixe das palabras?
þ Dicionario etimolóxico.
2. Con que finalidade pode utilizar un computador?
þ Todas as opcións anteriores son correctas.
3. Son importantes na comunicación oral os elementos paraverbais e non verbais?
þ Si, porque reforzan o dito mediante a linguaxe verbal e axúdannos a comprender mellor a mensaxe que nos queren transmitir.
4. En que consiste a repetición?
þ En utilizar nunha oración ou texto referencias á mesma palabra varias veces mediante o uso de sinónimos, hiperónimos, repetindo o mesmo elemento.
5. En que consiste a elipse?
þ En suprimir palabras que non son imprescindibles para a comprensión dun texto.
6. Que é a deíxe?
þ Son oracións que serven para indicarnos cousas (deixis, en grego, significa sinalar). Palabras coma ti, hoxe, aquí, isto, son expresións deícticas, que nos serven para sinalar ou facer referencia a persoas, situacións, lugares, etc.
7. Que nome reciben as oracións con máis dun verbo en forma persoal?
þ Oracións compostas.
8. Que tipos de estruturas coordinadas teñen como nexos máis habituais e, nin?
þ Copulativas.
9. Cal das seguintes secuencias presenta xustaposición?
þ Esquecín a carteira na casa de Marta; recollereina esta noite.
10. Que tipo de subordinada adverbial impropia hai na oración faremos moitos exercicios para que resolvas todas as dúbidas?
þ Final.
11. Quen escribiu Campos de Castilla?
þ Antonio Machado.
12. A que tendencia literaria están adscritos os autores que centran o seu interese nos problemas de España?
þ Xeración do 98.
13. Cal das seguintes obras pertence a Federico García Lorca?
þ Romancero gitano.
14. Cal das seguintes características non é propia do Modernismo?
þ Forte compromiso social.
15. Que autores pertencen á Xeración do 27?
þ Luis Cernuda, Jorge Guillén, Gerardo Diego, García Lorca e Pedro Salinas.
16. Quen é o autor de Cinco horas con Mario?
þ Miguel Delibes.
Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License