2.4 Mecanismos gramaticais e léxicos de referencia interna (aspectos teóricos)
2.4 Mecanismos gramaticais e léxicos de referencia interna (aspectos teóricos)
Neste punto teórico imos revisar algúns mecanismos gramaticais e léxicos de referencia interna (de xeito resumido) que xa vimos en unidades anteriores mais que, debido á súa importancia, convén volver sobre eles. Estes son:
- Repetición: consiste en utilizar nunha oración ou texto a mesma palabra ou expresión varias veces; ou referencias a esa mesma palabra mediante o uso de sinónimos, hiperónimos… Exemplos:
– Inés comprou un vestido para a festa. Estaba convencida de que sería o vestido máis bonito de todos. (Repetición directa da mesma palabra).
– Aquela rosa branca, que ten Eva na man, é preciosa. Facía tempo que non vía unha flor tan rechamante. (“Flor” é un hiperónimo de “rosa branca”).
– Hoxe estudarei Matemáticas, que é a miña materia preferida (“materia” actúa como hiperónimo de “Matemáticas”).
- Elipse: consiste en suprimir palabras que non son imprescindibles para a comprensión dun texto. Exemplo:
– Ese profesor é o mellor de todo o centro. (Entre as dúas palabras subliñadas omitimos o substantivo “profesor”).
– María toca o piano e Brais, o violín. (Entre as dúas palabras subliñadas omitimos a forma verbal “toca”, porque podemos recuperala do contexto).
- Deíxe: son palabras que serven para indicarnos cousas (deixis, en grego, significa sinalar). Palabras coma ti, hoxe, aquí, isto, son expresións deícticas, que nos serven para sinalar ou facer referencia a persoas, situacións, lugares, etc. Exemplos:
– Este neno é moi educado pero ese que está alí é unha boa peza.
– Onte o meu pai librouse do accidente pero o teu tivo feridas graves.
|
→ |
– Arquivo sobre as propiedades do texto en: [http://www.materialesdelengua.org/LENGUA/index_lengua.htm] – Exercicios de cohesión: [http://www.edu.xunta.es/contidos/premios/p2003/b/archaron9/Ejer_COMUNIC.htm] |
Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License