4.1 Resumo de contidos en lingua galega

Bloque de comunicación oral: observación y valoración de textos

  • Na lingua oral débense utilizar expresións, frases ou oracións curtas e sinxelas, pois o receptor ten menos tempo para descodificar a mensaxe que lle envía o emisor e, polo xeral, non pode volver a escoitala de novo

Bloque de comunicación escrita: a procura de información en internet

Podemos utilizar o computador cos seguintes obxectivos:

  • Atopar información en internet, ben porque xa coñecemos o enderezo web, ben porque introducimos nun buscador as palabras clave relacionadas co núcleo de interese.
  • Acceder ao contido de numerosos dicionarios, como o da RAG ou o da RAE.
  • Revisar a escritura dos nosos textos, mediante o uso dos correctores ortográficos.

Bloque de coñecemento da lingua: mecanismos gramaticais e léxicos de referencia interna

  • Repetición: consiste en utilizar nun texto referencias á mesma palabra varias veces mediante o uso de sinónimos, hiperónimos, repetindo o mesmo elemento…
  • Elipse: consiste en suprimir palabras que non son imprescindibles para a comprensión dun texto.
  • Deíxe: son palabras que serven para sinalar ou facer referencia a persoas, situacións, lugares, etc.

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License