6.1 Solucións das actividades en lingua galega

6.1         Solucións das actividades en lingua galega

S1.             

  • Tema principal: Agustín Fernández Paz explícanos o proceso creativo que segue para a elaboración dunha novela.
  • Non, na lingua oral débense utilizar expresións, frases ou oracións curtas e sinxelas, pois o posible receptor ten menos tempo para descodificar a mensaxe que lle envía o emisor e, polo xeral, non pode volver a escoitala de novo. A lingua oral carece -normalmente- da permanencia no tempo da que goza a escrita.
  • Intención: Debe ser a de expresarse o máis sinxelamente posible e, ao mesmo tempo, lograr que o receptor do discurso o entenda perfectamente. Para iso, o emisor debe pronunciar correctamente, falar cun ritmo normal,e ter un ton de voz axeitado e utilizar os elementos paraverbais de forma adecuada.

S2.             

  • Estamos diante dunha enciclopedia en liña. En primeiro lugar aparece en negra e letra grande a entrada da que se vai dicir algo: os parónimos. Deseguido explícasenos en que consiste ese concepto semántico e a exposición apoiase con exemplos. Temos a posibilidade de atopar máis información sobre algúns termos empregados (semántica, palabras, son, significado, Lexicoloxía) se picamos co rato nos hipervínculos (en cor azul)...

S3.             

  • Coar: 1. Facer pasar [un líquido] por un coador para separar del as partículas sólidas que contén. Coa-lo leite, o café. CF. filtrar. 2. Facer pasar [algo] por un sitio ou dun sitio para outro, en especial, conseguir pasar [algo] ás agachadas. Coou a cabeza polo furado. SIN. meter.Lograron coa-la droga pola alfándega.
  • Especia: Substanciavexetal aromática, como a canela, o cravo, a pementa, etc., que se emprega para condimenta-las comidas. Especias para o guiso e para as pastas.
  • Insigne: Que sobresae moito en algo. SIN. egrexio, eminente, eximio, ilustre, preclaro. CF. célebre, famoso.

S4.             

  • En primeiro lugar, omítese o nome do adestrador portugués para evitar repeticións innecesarias: “Uns falaban de que (Mourinho) estaría no palco”. En segundo lugar, na segunda parte da frase, omítense tamén os verbos: “outros (falaban) que (estaría) á beira do céspede”.

 

  • Exemplos de elipses.

–        Alá, co caderniño na man, berraba e queixábase...: omítese tamén o nome do adestrador portugués.

–        Rogando que axitase máis as mans...: omítese o nome de Karanka.

  • Procedemento de repetición: En lugar de repetir o nome de Mourinho, dise “o adestrador luso”. Hiperónimo. Se trata dunha palabra de carácter máis xeral utilizada para facer referencia a ese nome propio
  • Tres exemplos.

–        Uns falaban..., outros que á beira...

–        Alí estaba el...

–        Xa que el ten repetido...

S5.             

  • Resposta libre.

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License