2.2 Procura de información en Internet (aspectos teó-ricos)

Actualmente pódese buscar información desde calquera computador ou outro dispositivo móbil, por medio de internet: rede formada por múltiples computadores conectados entre si cuxa finalidade é compartir información. Esta amósase nas chamadas páxinas web e, para as localizar, debemos seguir os seguintes pasos:

a) Abrir o navegador, programa de acceso a estes documentos, que posúe unha barra de enderezo.

b) Se se coñece o enderezo da páxina á que se desexa acceder, escríbese, e se non se dispón desa información, tecléase na barra de enderezo o nome dun buscador e indícase o nome do que se quere buscar. Aparece daquela unha listaxe de todas as páxinas web nas que aparece o termo introducido. Aínda que o buscador amose moitas entradas, as máis interesantes adoitan estar ao comezo da lista. Xa ante elas, cómpre discriminar a información válida da que non o é en relación ao tema que nos interese.

Internet tamén é unha ferramenta moi útil para mellorar o noso coñecemento da lingua, pois nos permite acceder ao contido de numerosos dicionarios. Exemplos:

Para mellorar a nosa expresión escrita, debemos facer uso dos correctores ortográficos que poñen ao noso dispor todos os procesadores de textos (Word, WordPerfect, OpenOffice Writer, WordStar…).

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License